Saltar ao contido
Casa Cornide da Coruña

A Marea Atlántica esíxelle á Xunta que declare a Casa Cornide como BIC pola vía de urxencia, para facilitar que  A Coruña recupere o seu patrimonio.

O inmoble, que pertenceu ao historiador José Cornide, foi agasallado á muller do ditador nun fraude de lei, demostrado con probas documentais.

A Marea Atlántica esíxelle ao goberno da Xunta de Galicia que actúe de oficio e actúe de oficio para declarar como BIC a Casa Cornide,  para dificultar que a familia do ditador Francisco Franco poida vendela no mercado inmobiliario, e facilitar que a Cidade da Coruña poida recuperar o seu patrimonio. O goberno galego pode incoar xa o expediente de BIC, sen agardar polo Concello, e outorgarlle ao inmoble certo nivel de protección. “Este edificio é patrimonio da cidade da Coruña, foi adquirido polos Franco nun fraude de lei, demostrado con documentación. Saben que van perdelo, como lles está a acontecer o Pazo de Meirás, e queren facer caixa antes, pero non pode consentirse”, declara o noso vicevoceiro, Iago Martínez.

A casa natal do historiador José Cornide é un edificio de gran valor histórico e artístico, polo que a Xunta debería exercer as súas compentencias na protección do patriminio e declaralo Ben de Interese Cultural para evitar facilidades na súa venda. 

Ademais, unha carta do secretario de Franco, feita pública o ano pasado e descuberta polos historiadores Carlos Babío e Manuel Pérez Lorenzo, demostra que os altos cargos da ditadora cometeron fraude de lei para que a Casa Cornide rematara en mans dos Franco. 

“Desde que chegou á Xunta, o Partido Popular non moveu un dedo para protexer a Memoria Histórica, pero agora, no seu programa electoral para 2020, promete reparar ás vítimas da represión franquista. Podería comezar, canto antes, por impedir que os herdeiros do ditador se enriquezan aínda máis co roubado”, di Iago Martínez.

Maior implicación do Concello da Coruña

Por todos estes motivos, reclamamos tamén que o Concello da Coruña tamén se implique. Pasou máis dun ao de goberno sen que a Área de Memoria Histórica fixese nada máis que anunciar a súa intención de impulsar a declaración da Casa Cornide como BIC. E os únicos avances foron uns poucos contratos menores, todos eles asinados este ano e sen resultados aínda. 

Doutra banda, a Marea Atlántica renova o seu total apoio ao Concello de Sada e á Avogacía do Estado no xuízo pola recuperación do do Pazo de Meirás, outra propiedade roubada polos Franco. Agardamos que a contundencia das probas documentais e os testemuños permita que a xente de Sada recupere o que nunca debeu deixar de ser seu.

Esixímoslle á Xunta a tramitación urxente como BIC da Casa Cornide