Saltar ao contido

A iniciativa, financiada cos salarios dos nosos cargos públicos, incorpora a un colaborador que tamén traducirá ao árabe as catro guías de prestacións básicas publicadas

A Oficina dos Dereitos, unha iniciativa da Marea Atlántica para asesorar a persoas en situación de vulnerabilidade social, vén de ampliar os seus servizos coa incorporación dun colaborador que se ocupará de traducir, mediar e acompañar ás persoas de orixe árabe no seu trato coas administracións públicas. A Coruña é unha cidade multicultural e acolledora, e desde a Marea queremos facilitar que todas as persoas, veñan de onde veñan, saiban cales son os seus dereitos. 

Desde xeito, pretendemos facilitar a integración das familias de cultura árabe na Coruña, e axudarlles a facer valer os seus dereitos. Tamén se traducirán ao árabe as catro guías de dereitos sociais publicadas pola oficina ata o momento: sobre os diferentes tipos de prestacións sociais no Estado, a Xunta e o Concello da Coruña; sobre os bonos sociais para subministros básicos, como auga, electricidade e gas, sobre as tarifas sociais de internet e telefonía móbil e sobre as contas bancarias de pago básicas.

A Oficina dos Dereitos é unha iniciativa da Marea Atlántica que se financia co excedente dos salarios dos cargos públicos, que cobran un máximo de 35.000 euros anuais (dentro do límite de 40.000 que fixa o noso Código Ético) e doan o resto para manter este e outros programas como a Xanela de Proxectos

A Oficina botou a andar no verán de 2020, ao pouco de rematar o confinamento, e 2021 foi o seu primeiro ano completo de traballo, no que atendeu a un total de 63 persoas. Para solicitar a súa axuda, só hai que pedilo en dereitos@mareatlantica.org ou no teléfono 604 086 724.

A Oficina dos Dereitos da Marea Atlántica incorpora un servizo de mediación e tradución para persoas de orixe árabe