Desde hoxe está nas rúas o segundo número d’O 15, o xornal do ano do cambio, 15.000 exemplares que se están a repartir desde primeira hora por toda a Coruña. Nas súas páxinas centrais atoparás o noso punto azul, que significa democracia, transparencia, honestidade, ética, participación e todos os principios que defendemos desde a Marea. O punto azul significa poñer por diante ás persoas. Úsao! Pono na ventá da túa casa, do negocio, no cochen e súmate a esta primavera democrática que vén.
Tamén podes descargar o punto azul da Marea aquí.
Os comentarios están pechados.