Saltar ao contido

Coa idea firme de feminizar a política, a Marea Feminista propón un encontro aberto no que falar sobre os usos do tempo e, máis en concreto, desa gran palabra que é a conciliación.

Para iso, verémonos o próximo venres 11 de marzo, ás sete da tarde, no local da Marea Atlántica.

Entre todas e todos podemos sumar experiencias para irlle dando forma a unha verdadeira nova política, onde a vida se antepoña a ditadura das axendas, case máis militares que militantes.

Gustaríanos coñecer as túas experiencias e opinións. Anímaste a compartilas?

Para facilitar a asistencia contaremos cun espazo para crianzas.

Tempos de vida, tempos de activismo. Conversa sobre a conciliación