Saltar ao contido

Taller
autodefensa
feminista

A autodefensa feminista non só é unha ferramenta que nos fortalece contra as violencias machistas senón que tamén sirve para transformar(nos) xuntas.

Cando?

Domingo 12 de Marzo
10h a 13h

Onde?

Circo Artesáns
R. San Andrés, 36
15003 A Coruña

A quen vai dirixido?

Mulleres e mozas a partir dos
16 anos

Facilitadora

Cristy Tojo Velasco.
Directora do Clube Deportivo
Avalon Kai

Prazas limitadas

Gratuito previa incrición

Que é a autodefensa feminista?

“A autodefensa feminista proporciona un lugar seguro, de encontro, e  de apoio entre mulleres que ten como fin descubrir, entender e atopar solucións aos machismos que se producen a cotío. Esta autodefensa nace da consciencia de que as mulleres por sermos mulleres (e vivirmos tamén noutras marxes como a cor da pel, a orientación sexual, a clase social ou o capacitismo…) temos a necesidade de crear ferramentas psicolóxicas, físicas e sociais para desenvolvérmonos plenamente na nosa vida, ser conscientes dos nosos dereitos e defendérmonos dos ataques de violencias machistas”.

Cristy Tojo, Profesora de ADF

“A ADF é unha ferramenta que xorde do colectivo, das organizacións feministas. É unha proposta colectiva que busca non só resolver a situación vital de cada unha senón a de todas porque “se tocan a unha, tócannos a todas”. Sen o marco do feminismo non sería posible a autodefensa feminista”

Maitena Monroy, Fisioterapeuta española experta en violencia de xénero e pioneira na formación na Autodefensa Feminista en España e América Latina.

Que faremos neste obradoiro de autodefensa?

Neste obradoiro traballaremos a autodefensa dun xeito integral (física, psicolóxica, emocional, …) e multidisciplinar, empregando recursos do teatro, da psicoloxía e das artes marciais. Desenvolveremos estratexias e aprenderemos a recoñecer as propias fortalezas e a canalizar o medo creando espazos seguros.

Facilitadora

Cristy Tojo. 4º dan de kárate; 2º dan de defensa persoal policial, defensa persoal feminina e Goshin (autodefensa xenérica). 25 anos no mundo das artes marciais; 16 anos como docente de kárate e 9 anos como facilitadora de autodefensa feminista. Directora do Clube Deportivo Avalon Kai, Activista feminista, transfeminista e do colectivo LGTBIQ da Galiza, forma parte de proxectos como Somdolilá, Tamborililás e outros proxectos de empoderamento.

Inscrición

Prazo

Até o día 11 de marzo as 14:00 hrs

Prazas

Asignaránse por orde de inscrición ata completar o aforo.

Formulario

Descargables