Basura
Entradas relacionadas

Xan Xove impulsará un plan director de instalacións deportivas para coidar mellor as actuais e responder ás novas necesidades do deporte coruñés
O candidato da Marea Atlántica á Alcaldía visita o Básquet Coruña e a Agrupación de Montañeros Independientes nunha rolda de encontros co tecido deportivo da… Ler máis »Xan Xove impulsará un plan director de instalacións deportivas para coidar mellor as actuais e responder ás novas necesidades do deporte coruñés

Xan Xove propón rematar o deseño dun novo espazo público nos terreos municipais que conectan Hernansáez e Concordia coas ideas da veciñanza do Castrillón
O candidato da Marea Atlántica á Alcaldía da Coruña, Xan Xove, acompañado por varios membros da súa lista, entre eles a arquitecta Chiqui García, “a futura concelleira de Urbanismo”, e o vicevoceiro municipal, Iago Martínez, realizou hoxe un percorrido polo barrio do Castrillón, da man do presidente da asociación veciñal, Ramiro Otero, e outros representantes da directiva. Desde alí, propuxo desbloquear a creación dun novo espazo público para o barrio nos terreos municipais que conectan a rúa José María Hernansáez e a Avenida da Concordia e adaptalo ás necesidades do barrio mediante un proceso de urbanismo aberto á veciñanza.

Xan Xove propón incrementar a reserva de emprego público para as persoas con diversidade funcional
Xan Xove, candidato da Marea Atlántica á Alcaldía da Coruña, comprometeuse a traballar, a partir do 28 de maio, de volta no goberno municipal, para incrementar a reserva de emprego público para as persoas con diversidade funcional. Así, no Día Mundial da Síndrome de Down, “as persoas con diversidade funcional son veciños e e veciñas da Coruña, non estereotipos, como di o lema do Día Mundial da Síndrome de Down. Por iso temos que empregar as ferramentas do Concello para facilitar a súa autonomía e integración no mercado laboral”, declara Xove.