Saltar ao contido
Porto da Coruña

O vindeiro martes 3 de agosto está prevista unha reunión bilateral entre o goberno local e a Marea Atlántica para abordar a cuestión portuaria

A Marea Atlántica, logo da xuntanza interadministrativa celebrada hoxe, con respecto aos asuntos portuarios, pídelle a alcaldesa cautela á hora de tratar cuestións de cidade para os que cómpre a aprobación plenaria e non camiñar en solitario.

“O que aconteza co porto e o que se acorde sobre os terreos dos peiraos interiores é unha cuestión de suma transcendencia para a Coruña e Inés Rey non pode avanzar en solitario. Chegado este momento, cómpre ter calma no que atinxe á maior transformación urbana das últimas décadas” afirma a nosa voceira, María García que lembra, “ademais de tratarse dun asunto fundamental, de cidade e materia de competencia plenaria, non se pode poñer o carro diante dos bois: estamos asistindo a unha especie de carreira para adquirir Bateria e Calvo Sotelo, con preocupantes silencios sobre San Diego e o concepto global dos peiraos.”

O vindeiro martes está prevista unha reunión bilateral da Márea Atlántica co goberno local na que se tratarán os posicionamentos sobre a cuestión portuaria.

A Marea Atlántica pídelle a Inés Rey sentidiño no que respecta ao futuro do porto