Saltar ao contido

Deste xeito, condena a 32 persoas da plantilla de Amartya ao paro, sen garantir o seu dereito á subrogación, e abdica de coidar a saúde da veciñanza

Na Comisión de Deportes, o concelleiro Juan Ignacio Borreo recoñeceu que non haberá campo de rugby na Torre este ano, incumprindo o acordo asinado para os Orzamentos 2020

A concelleira Claudia Delso, representante da Marea Atlántica na Comisión de Deportes, constatou hoxe que o goberno municipal renuncia ás súas competencias sobre o fomento da actividade física e paraliza por completo a programación deportiva durante o verán. “Deste xeito, non só abdican da súa responsabilidade de coidar a saúde da poboación, senón que condena ao paro a 32 persoas, todo o cadro de persoal da empresa concesionaria Amartya, sen garantir o seu dereito á subrogación.

Deste xeito, Delso insistiu en que actividades como Coruña en Forma, debidamente adaptada ás medidas de seguridade do Estado de Alarma, serían beneficiosas para a saúde despois de tres meses de confinamento e mobilidade limitada. Pero a Concellería de Deportes elixe non facer nada e delegar todo o traballo e responsabilidade nas asociacións de base mentres incumpre o acordo plenario de manter todos os contratos municipais mentres dure a crise causada pola pandemia de COVID19.

Atraso na chegada do rugby aos campos da Torre

Doutra banda, foi posible constatar que existe un enorme atraso na adaptación das instalacións deportivas da Torre á práctica do rugby. A pesar do prometido, o concelleiro Juan Ignacio Borrego recoñeceu hoxe que non conta con empezar as obras ata o verán de 2021, como moi cedo. Deste xeito, incumpre un dos compromisos do acordo que fixo posible a aprobación dos Orzamentos 2020. Faise evidente que boa parte dos proxectos da área están parados e sen visos de reactivarse. “Dá a sensación de que a  señora  Rey e o señor Borrego non consideran o deporte coma unha actividade esencial”, argumentou Claudia Delso.

O goberno municipal renuncia ás súas competencias e paraliza a actividade deportiva no verán