Saltar ao contido
Buque de investigación 'Angeles Alvariño'

María García: “Oxalá a alcaldesa vise a oportunidade de acoller un centro de investigación sobre a pesca e o mar, moito mellor que encher o porto de pisos con vistas”

A Marea Atlántica vén de rexistrar un rogo oral para o vindeiro Pleno, no que lle reclama a Inés Rey que postule á Coruña como sede do Instituto Español de Oceanografía. O Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía, do que depende este organismo, abriu a porta a trasladala de Madrid, onde se atopa actualmente, a algún punto na costa, onde tería moito máis sentido.

En pleno debate sobre a recuperación dos peiraos e os usos do porto, tería todo o sentido que o Oceanográfico se sitúe nunha cidade como A Coruña, onde a pesca e as súas actividades complementarias teñen longa tradición e un forte peso económico. En palabras da nosa voceira e presidenta da Comisión do Bordo Litoral, “se a alcaldesa pensase en algo máis ca no sector inmobiliario, vería a oportunidade que supón acoller un centro de investigación sobre a pesca e o mar. Moito maior que converter o porto nunha urbanización de pisos con vistas”.

O sector pesqueiro leva anos reclamando un centro de investigación, innovación e formación, que axude a aumentar e diversificar o valor das economías do mar, seguindo o modelo do AZTI vasco. Por iso, pedímoslle ao goberno municipal que deixe de xogar a ser unha promotora e loite por iniciativas como atraer a sede do Oceanográfico.

A Coruña ten que postularse como sede do Instituto Oceanográfico