A voceira municipal e o voceiro provincial da Marea Atlántica, María García e Alberto Lema, con Torcuato Teixeira, secretario xeral da asociación PESCAGALICIA e representante da plataforma Manifesto Burela, para escoitar as súas propostas e trasladarlle a nosa mocion para reclamar que os caladoiros e actividade pesqueira non se vexan afectados pola instalación de parques eólicos mariños.
Esta iniciativa foi xa aprobada por unanimidade pola Corporación do Concello da Coruña do pasado 3 de febreiro, e será trasladada tamén pola Marea Atlántica ao Pleno da Deputación, o último venres deste mes. Tal e como se sinala na moción, a transición enerxética é necesaria, pero non pode ser que as grandes empresas eléctricas leven todo o beneficio, mentres outras actividades económicas, coma a pesca, e os ecosistemas pagan a factura.