Saltar ao contido

A Marea de Medio Ambiente organizou un percorrido desde Novo Mesoiro ata a localización proposta para unha planta de refugallos da construción, para esixir a paralización do proxecto

icia 4

No medio dun área forestal protexida. A escasos centros de metros do lugar de Santa Icía, en Arteixo. A menos dun quilómetro de Novo Mesoiro, Feáns e a Urbanización Breogán, barrios da Coruña nos que viven máis de 12.000 persoas. É difícil imaxinar unha localización menos axeitada para unha planta de refugallos da construción. E, aínda así, hai quen quere facela nese preciso punto.

O día 7 de setembro, a Marea de Medio Ambiente organizou un roteiro informativo ata a parcela de Santa Icía na que a empresa Gesmaga quere instalar unha planta de refugallos. Trátase dunha instalación con cuberta, pero aberta polos lados, que producirá po, un denso tráfico de camións e ruído por enriba dos 100 decibelios (cando a OMS recomenda non superar os 65).

Un estudo ambiental insuficiente

Icia 3No percorrido, que seguiu o antigo Camiño dos Romeiros que unía A Coruña coa comarca de Bergantiños, foise informando da insuficiente declaración de impacto ambiental presentada pola empresa. É un documento simplificado, o mesmo que se lle esixiría a un almacén ou granxa, e que nada di sobre como reducir o impacto das instalacións na contorna. Nin sequera se ocupa de explicar como se canalizarán as augas fecais da planta A Consellería de Medio Ambiente da Xunta xa debería telo inadmitido, pero no seu lugar tentou pasalo disimuladamente.

Nesta camiñada  participaron veciños e veciñas de Novo Mesoiro, Feáns e Santa Icía, e trasladaron a súa oposición á planta de residuos. Tamén estivo presente a concelleira de Medio Ambiente da Coruña, María García, que lembrou que tanto a Marea Atlántica coma o Concello presentaron alegacións ao proxecto, e levará mocións a Maria Pita e á Deputación da Coruña para pedir que se paralice. Nas ligazóns deste parágrafo tes información máis detallada sobre esta instalación tan pouco axeitada, que mesmo nos plans de residuos da Xunta se considera innecesaria.

photo_2017-09-07_19-32-20

Roteiro a Santa Icía, o lugar que non quere unha planta de residuos industriais