Saltar ao contido

O voceiro provincial da Marea Atlántica, Alberto Lema, mantivo hoxe unha reunión co Comité de Empresa de Alu Ibérica, a antiga Alcoa, para trasladarlles o apoio do noso grupo e interesarse pola situación da fábrica nestes momentos críticos. Recolleu as demandas do cadro de persoal e sinalou que a única saída nestes momentos para as instalacións da Agrela é “unha intervención pública por parte da SEPI, que recupere a produción de aluminio a corto prazo e garanta que poida subsistir na Coruña. E temos máis de 300 postos de traballo en xogo”.

“Non entendemos que se permita que se degranden as instalacións dunha fábrica viable e con carteira de clientes, xusto no momento no que o aluminio acada maiores prezos nos mercados internacionais”, sinalou Lema. E denunciou que a Xunta e o Goberno Central están a “incumprir os seus compromisos de garantir a viabilidade de Alu Ibérica, compromisos que adquiriron ao avalar a compra fraudulenta da fábrica.

O noso apoio ao cadro de persoal de Alu Ibérica ante a situación crítica da fábrica