Tal e como recollen as bases da Xanela de Proxectos da Marea Atlántica no seu punto 7, o día 18 danse a coñecer os resultados provisionais, o prazo para emendas remata o vindeiro día 21 de setembro, e a publicación definitiva dos resultados terá lugar o día 22 de setembro nunha rolda de prensa e nesta mesma web.

Contactaremos coas persoas responsables dos proxectos finalmente seleccionados a través do correo electrónico, para explicarlles os seguintes pasos, como son a sinatura dos convenios e a presentación pública dos proxectos.

Moitas grazas a todas as entidades que participastes nesta primeira edición da Xanela de Proxectos da Marea Atlántica. Recibíronse unha vintena de iniciativas, todas elas ben interesantes, un reflexo da fortaleza do tecido asociativo da Coruña, que traballa cada día para facer desta cidade un lugar mellor, mais xusto, feminista e igualitario para todas.

Lista e puntuación de proxectos seleccionados (resultados provisionais)

Nome do proxecto Puntuación obtida
As mulleres tecendo a nosa historia 62 puntos
Acción de intervención no traballo sexual durante a Covid 60,7 puntos
Rompendo a Brétema 60 puntos
Voluntariado en tempos de Covid-19 59,3 puntos
Ruada no campanario 56,7 puntos

Lista de proxectos non seleccionados (resultados provisionais)

  • Móvete
  • Cinemabeiro
  • O campo de Labañou
  • Miradoiro de participación
  • Goungue
  • Coruña Vivensa
  • Dixitalización do proxecto de rehabilitación integral, promoción da autonomía persoal e benestar das persoas con discapacidade.
  • Escola da Bici
  • Leite en pó como complemento alimenticio
  • Formación en trastorno de la conducta alimentaria para personal docente y/o tutor de educación secundaria
  • Campaña de vivenda
  • Censo A Coruña é Música
  • As residencias de maiores na área urbana da Coruña