O primeiro paso foi escoller o Órgano de Arbitraxe. As candidaturas completas poderán presentarse a partir do 18 de xaneiro. As votacións terán lugar os días 15,16 e 17 de febreiro.
A Rede da Marea Atlántica, celebrada o 3 de novembro nas instalacións da Sociedade Recreativa da Gaiteira, aprobou o regulamento para as Primarias nas que se escollerá a candidatura ás vindeiras eleccións municipais de 2019. Este é o calendario completo do proceso:
- 00:00h do 5 de decembro: Apertura do prazo de presentación de candidaturas para o Órgano de Arbitraxe Electoral.
- 23:59h do 10 de decembro: Peche do prazo de presentación de candidaturas para o Órgano de Arbitraxe.
- 11 e 12 de decembro: Subsanación de erros na presentación de candidaturas para o Órgano de Arbitraxe.
- 23:59h do 18 de decembro: Peche do censo para as primarias.
- 20 de decembro: Rede para a aprobación definitiva do Órgano de Arbitraxe. Inicio do proceso de confección de candidaturas.
- 18 de xaneiro: Apertura do prazo para a recepción de candidaturas definitivas. Apertura do prazo para solicitar o voto telemático.
- 23:59 h do 3 de febreiro: Peche do prazo para a presentación de candidaturas.
- 4 de febreiro: Publicación provisional das candidaturas.
- 4 a 6 de febreiro: Subsanación de erros nas candidaturas.
- 7 de febreiro: Proclamación definitiva de candidaturas e peche do prazo para solicitar o voto telemático.
- 10:00 h do 8 de febreiro: Inicio da campaña electoral.
- 23:59 h do 14 de febreiro: Fin da campala electoral.
- 10:00 h do 15 de febreiro: Inicio das votacións. Serán de xeito presencial no local da Marea, e telemáticas só para quen o solicitara.
- 21:59 h 17 de febreiro: Remate das votacións.
- 18 de febreiro: Publicación provisional dos resultados das primarias:
- 19 e 20 febreiro: Período de reclamacións aos resultados.
- 21 de febreiro: Rede e proclamación dos resultados definitivos.
- 28 de marzo: Rede para escoller os últimos catro postos da lista, reservados a persoas notables.
Quen pode presentar unha candidatura?
Poden presentar unha candidatura todas aquelas persoas que:
- Asinen o manifesto da Marea Atlántica, como mostra de compromiso cos nosos obxectivos políticos.
- Manifesten por escrito o seu compromiso de cumprir o Código Ético para os cartos electos da Marea Atlántica.
- Estean en posesión de cinco avais de cinco persoas con plenos dereitos políticos na Marea Atlántica. É dicir, con dereito a participar e votar na rede. Cada mareanta poderá avalar a un máximo de 5 candidatas distintas .
- Declaración xurada de non incurrir en ningunha das cláusulas de exclusión, que son:
- Ser ou ter sido representante nalgunha institución distinta do Concello ou a Deputación da Coruña.
- Ter ostentado algún tipo de responsabilidade pública no Concello da Coruña con forzas distintas á Marea Atlántica.
- Ter sido elixido en candidaturas ao Congreso, Senado ou Parlamento de Galicia.
- Ter concorrido ás eleccións municipais de maio de 2015 en candidaturas distintas á da Marea Atlántica.
- Estar baixo unha imputación ou condena xudicial por delitos relacionados con corrupción, prevaricación, tráfico
de influencias, enriquecemento inxusto con recursos públicos ou privados, suborno e malversación e apropiación
de fondos públicos, sexa por interese propio ou para favorecer a terceiras persoas. - Estar baixo unha imputación ou condena xudicial por delitos de odio, racismo, xenofobia, violencia de xénero, homofobia ou
delitos ecolóxicos ou contra os dereitos humanos ou os dereitos das persoas traballadoras.
- Incorrer nalgunha das situacións que o Código Ético da Marea Atlántica considera como causa de cese ou dimisión.
Como podo contactar co órgano electoral?
Podes facelo a través do enderezo electrónico primarias@mareatlantica.org.
Cando comece o proceso de presentación de candidaturas, a partir do 18 de xaneiro, estarán dispoñibles nesta web os formularios para o rexistro de candidatura. disporá na web os formularios para o seu rexistro.
Podo votar?
Podes, se cumpres as seguintes condicións:
- Ser maior de 16 anos.
- Asinar o Manifesto da Marea Atlántica antes do 18 de debembro.
- Residir na Coruña, ou ter residido un mínimo de 6 meses nos últimos cinco anos.
O resultado dun ano de traballo
As bases para unhas primarias participadas, abertas e plurais sentáronse na Marea Viva celebrada entre novembro de 2017 e xaneiro de 2018. E durante os seguintes meses foise desenvolvendo este regulamento ampliado a través dun proceso de debate interno. Tal como foi sinalado onte na Rede, a normativa elaborada recolle tanto os principios fixados hai un ano como as necesidades do momento actual.