Saltar ao contido

Non á guerra: condenamos rotundamente a invasión rusa, demandamos o cese de todas as hostilidades e trasladamos a nosa solidariedade ás vítimas do conflito

Ante a situación de guerra que se vive na Ucraína tras a invasión levada a cabo por Rusia, a Marea Atlántica reclámalle ao goberno local que declare A Coruña como cidade refuxio para as persoas que se viron obrigadas a abandonar o seu fogar por mor do conflito bélico, e poña a disposición do Estado os recursos municipais. 

Desde a Marea Atlántica, condenamos rotundamente a invasión militar cometida polas tropas rusas por orde de Vladimir Putin, pedimos o cese inmediato de todas as hostilidades e expresamos a nosa solidariedade coas vítimas do conflito. A guerra nunca ten razóns. 

Do mesmo xeito que se fixo no pasado mandato coa guerra en Siria, consideramos que A Coruña debería tenderlle a man ás refuxiadas ucraínas, e ofrecerlles un espazo seguro e lonxe da violencia. 

Cartel de benvidaPrevense máis de catro millóns de persoas desprazadas

Neste caso, a Unión Europea ten previsto activar, por primeira vez na súa historia, a directiva que permite abrir fronteiras a un número ilimitado de refuxiadas ucraínas. Unha medida humanitaria que aplaudimos e que só podemos lamentar que non se empregara ante outros conflitos, coma o xa mencionado de Siria ou o de Afganistán. 

Os organismos internacionais calculan que xa son máis de 500.000 as persoas que escaparon da violencia en Ucraína e que a cifra pode chegar aos catro millóns que a guerra continúa. Son necesarios todos os recursos e por iso pedímoslle ao goberno local da Coruña que volva dicir “Refuxiadas, benvidas”. 

 

Reclamámoslle ao goberno local que ofreza A Coruña como Cidade Refuxio para as persoas que escapan da guerra en Ucraína