Concello

rede 4 de xullo

A Rede da Marea Atlántica ratifica o acordo político co PSOE para o inicio do mandato

A asemblea considerou que lle da continuidade a algunhas das liñas mestras desenvolvidas polo goberno de Xulio Ferreiro en beneficio da cidadanía-

A Rede da Marea Atlántica ratificou hoxe, 4 de xullo, o acordo político e organizativo co PSOE da Coruña para o inicio do mandato. A asemblea aprobou os documentos elaborados polos equipos negociadores ao longo das últimas semanas, que sentan as bases para unha relación de confianza desde a que desenvolver políticas de progreso que beneficien á cidadanía.

Trátase de medidas concretas, con prazos detallados e comprobables, que lle dan continuidade a algunhas das liñas mestras desenvolvidas polo goberno de Xulio Ferreiro nos últimos catro anos: gratuidade das escolas infantís de 0 a 3 anos, impulso á constitución da Área Metropolitana, bonificacións a maiores de 65 e menores de 25 no transporte público, creación dun operador enerxético municipal, aprobación definitiva da Ordenanza de Igualdade, posta en marcha dun programa de alugueiro social, solución á veciñanza de Elviña afectada polo Ofimático, ou continuidade dos proxectos xa comprometidos en obra pública (derrubo do viaduto da rolda de Nelle, polideportivo do Castrillón, mercados…), entre outras cuestións.

rede 4 de xullo bisA organización municipalista tamén se agradeceu o traballo das persoas que formaron parte da comisión negociadora, e que conseguiron que os acordos reflictan os principios básicos fixados pola Rede, no posicionamento político aprobado o 6 de xuño. É un exemplo de como os votos da Marea Atlántica en María Pita poden ser decisivos para defender políticas transformadoras.

Os salarios quedan fóra deste acordo, xa que fixalos é unha potesdade do goberno municipal. Como xa anunciamos, as concelleiras e concelleiros da Marea Atlántica manterán os límites salariais fixados polo noso Código Ético, os mesmos que no 2015. Só se actualizarán ao custo da vida despois de catro anos conxelados.

Have your say