Saltar ao contido

María García e Alberto Lema mantiveron hoxe un encontro co sindicato maioritario no Comité de Empresa de CESPA e constataron a total falta de avances e interlocución 

O único movemento foi asinar un convenio irregular con Tragsa, a través da Deputación, redundante co contrato actual e que só ten efectos propagandisticos

As voceiras municipal e provincial da Marea Atlántica, María García e Alberto Lema, foron convidadas hoxe polo sindicato STL, maioritario no Comité de Empresa de CESPA, a visitar as instalacións da empresa adxudicataria do servizo de recollida de lixo na Coruña, para comprobar o estado da maquinaria. 

Desde o goberno municipal, trasladouse a imposibilidade de realizar a visita, por non ter sido notificada con tempo suficiente, polo que trasladamos a nosa dispoñiblidade para repetila no futuro. En todo caso, recomendámoslle á representación sindical que poñan en coñecemento da Inspección de Traballo os posibles problemas coa maquinaria, para garantir a seguridade das condicións laborais.

Porén, o encontro permitiunos constantar que en 14 meses de goberno de Inés Rey non se produciu nin un só avance na mellora do servizo de recollida de lixo, a pesar de que a licitación estaba moi avanzada xa no traspaso de poderes. A falta de avances e de interlocución é dolorosamente evidente. Pasada a campaña electoral, a señora Rey perdeu todo interese pola limpeza na cidade.

O PSOE só se moveu para asinar un convenio con Tragsa, coa Deputación como intermediaria, que resulta altamente cuestionable por motivos xurídicos, duplica servizos e malgasta recursos públicos nun momento de pandemia, cando son dobremente valiosos. Trátase dunha medida publicitaria e que retorce a legalidad, como xa denunciamos, que contou co voto en contra de toda a Corporación Municipal agás o Partido Socialista.

A Marea Atlántica lamenta que en 14 meses o goberno municipal non fixese un só avance na mellora da recollida de lixo