O concello habilitou un formulario web para quen desexe colaborar no dispositivo de acollida das persoas que foxen da guerra en Siria
Máis aló desta emerxencia puntual, A intención do concello a e converter á Coruña nunha cidade refuxio permanente
Se queres (e podes) axudar ás refuxiadas e refuxiados que foxen da barbarie e da guerra, podes encher este formulario para botar unha man no operativo de acollida que está a organizar o Concello da Coruña. Habilítase esta canle oficial logo de que motas persoas ofreceran xenerosamente a súa axuda nos días pasados. A todas, dámosvos as grazas pola vosa solidariedade.
A Coruña está a preparar todos os seus recursos sociais e institucionais para recibir a quen tivo que abandonar o seu fogar a causa do conflito bélico en Siria. A concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, reuniuse con asociacións benéficas e ONG’s para levar esta iniciativa a cabo, e xa recibiu ofrecementos concretos, como o de Padre Rubinos. Tamén se habilitarán os pisos de titularidade municipal que estean dispoñibles. Para pechar o dispositivo, falta aínda acordar os detalles coa Xunta de Galicia, que é a administración competente nesta materia.
Porén, este esforzo non quedará nunha actuación concreta. A intención do concello a e converter á Coruña nunha cidade de acollida permanente, coas cancelas abertas para recibir a quen teña que deixar a súa casa por mor da violencia e a barbarie. Non podemos quedar en solucións inmediatas e medidas de urxencia, hai que pensar a medio e longo prazo. Refuxio hoxe, refuxio sempre.
Os comentarios están pechados.