voto_distancia_primarias

 

Para votar a distancia é necesario seguir 3 sinxelos pasos antes do 2 de marzo de 2015:

  1. Ter asinado o Manifesto da Marea Atlántica.
  2. Solicitar o voto a distancia aquí.
  3. Acreditar a residencia (actual ou durante os últimos 5 anos) na cidade mediante algún documento (DNI, certificado de empadroamento ou factura onde coincida a titularidade) enviándoo por correo a primarias@mareatlantica.org ou achegándoo ao local da Marea Atlántica (Rúa Marqués de Pontejos, 7-Baixo) en horario de 20:00h a 21:00h.

Os días 7 e 8 de marzo estará habilitada unha ferramenta telemática a través da cal se poderá exercer o sufraxio a distancia.

Se tes algunha dúbida envía un correo a primarias@mareatlantica.org.