Xan Xove, 1977

“Sempre na loita por un mundo e unha Coruña máis xusta, democrática, verde e feminista”

Pasou a súa infancia na Agra, a adolescencia no Castrillón e agora residente en San Roque de Fóra, case toda a vida apañando o bus da liña 14. Titulado en Traballo Social, carteiro rural e delegado sindical en Correos. Foi Deputado no Parlamento de Galicia, participando nas Comisións de Pesca e Marisqueo, de Educación e Cultura e de Control da CRTVG, entre outras.

Compoñente de históricas bandas de rock galego, de “trad” e da música mestiza en Barcelona. Dende a loita contra o servizo militar obrigatorio até a defensa da lingua e a cultura galegas, pasando polo ecoloxismo, Nunca Máis e a Burla Negra, as Marchas da Dignidade, o 15M, o asociacionismo veciñal e, desde 2014, na Marea Atlántica.

Beatriz González de Canales, 1973

“Sempre activismo é unha fonte de crecemento persoal e colectivo que debe ser coidada e recoñecida”

Orgullosa enfermeira de UCI no Hospital da Coruña e veciña do Corralón da Gaiteira. Socia de Cuac FM, a radio comunitaria da Coruña, desde 1996, onde desenvolve unha intensa actividade asociativa. Integrante da Coordinadora da Marea Atlántica.

Rodri Gil, 1989

“ Creo nunha Coruña capaz de tenderlle a man á xente vulnerable e garantir a xustiza social”

Rodrigo Gil

Fillo da emigración. Nado en Caracas (Venezuela) e veciño da Agra do Orzán. Educador social e responsable da Oficina dos Dereitos da Marea Atlántica. Membro da Xunta de Goberno do Colexio de Educadoras Sociais de Galicia. Activista contra a pobreza e a exclusión. Voceiro da Marea Atlántica. A Renda Básica Universal sempre no horizonte.

Chiqui García, 1977

“Desde os barrios, unha cidade en común”

Chiqui García

Arquitecta e veciña do Matadoiro. Reside na Coruña desde 1996, onde iniciou os seus estudos universitarios. Foi parte da plataforma ‘A Cidade dos Barrios’ e da xunta directiva do COAG. Traballou no goberno de Xulio Ferreiro como asesora en Urbanismo.

Victoria Mejuto, 1960

“Teño forzas, ilusión e moitas ganas de seguir mudando A Coruña para mellor. Como levamos facendo desde 2015”

Técnica auxiliar de enfermería con 38 de experiencia na sanidade pública, e comprometida na súa defensa contra recortes e privatizacións. Veciña de Palavea, implicada en dinamizar o barrio desde a Asociación Sociocultural Campo da Pena.

Javier Pérez, 1970

“Quixen dar un paso adiante por todas aquelas que máis o necesitan”

Javier Pérez

Naceu no Mallos, medrou en Elviña e na actualidade reside en Catro Camiños. Casado, pai de dúas fillas, e profesor do ensino secundario desde hai 22 anos. Sempre na educación pública, onde desempeñou diversos cargos directivos. É mareante desde 2015 e xa foi parte da candidatura de Xulio Ferreiro para as eleccións de 2019.

Marta Cortacáns, 1965

“Imaxino unha Coruña diferente, plantándolle cara ao inmobilismo, a inxustiza e a desigualdade”

Barcelonesa de nacemento, coruñesa de adopción e catallega por vocación. Deseñadora gráfica e directora de arte para diversas axencias, especializada na cultura, a moda e o cinema entre outros. Veciña de Monte Alto, onde ten o seu propio estudio. Ilusionouse coa Marea Atlántica nas rúas da Coruña, unha organización da que hoxe é voceira.

César Pena, 1977

É preciso innovar na relación entre a xente e os seus concellos, e o municipalismo é a ferramenta perfecta para poñerse ao choio”

Deseñador de cousas en papel desde primaria. Foi asalariado, formador, empresario e, sobre todo, autoempregado. Nos últimos 5 anos especialízase en mellorar a experiencia da xente na Internet. Tenente de alcalde de Mugardos no pasado mandato por Iniciativa Cidadá.

Carmen Villar, 1964

“Dou a cara porque me importan esta cidade e a súa xente”

Carmen Villar

Sindicalista e traballadora de Comisións Obreiras. Veciña dos Rosales. Licenciada en Psicoloxía e activista dos movementos sociais e do feminismo.. Formou parte do goberno de Xulio Ferreiro como asesora en Xustiza Social.

Alfonso Mascuñana, 1943

“Para mudar as cousas, unha organización política debe manter vivo o talante de movemento social”

Veciño de Palavea e profesor de Filosofía xubilado. Voluntario en campañas de solidariedade internacional en Lesbos, Nicaragua, Honduras, Perú… Integrante do Movemento en Defensa das Pensións e outras iniciativas sociais. Foi parte da candidatura de Xulio Ferreiro en 2015.