Na Marea Atlántica celebramos a votación das eleccións primarias esta fin de semana, o 7 e 8 de marzo: decidiremos quen queremos que nos represente de cara a un futuro Grupo Municipal que sirva de buguina comunicante e amplificadora entre as Mareas cidadás, a veciñanza, o seu tecido asociativo e a administración local.
Como aquelas instrucións para subir unha escaleira ou para dar corda a un reloxo que nos propuña o cronopio Julio Cortázar, traemos aquí unhas Instrucións de uso das Primarias na Marea. Tanto os requisitos como os procedementos son sinxelos e a tal hora son máis de 2000 as persoas que, presencial ou telematicamente, poderán escoller a candidatura.
A medula vertebral deste sistema preserva a paridade, de aí que o voto sexa en cremalleira e deba incluír sempre 6 mulleres e 6 homes [12 nomes en total, elixidos, iso si, ente calquera das 5 candidaturas presentadas]. Deberás escoller seguindo a orde muller-home-muller ou home-muller-home… en calquera caso, sempre en alternancia. Ollo con isto porque, de non cumprirse tal requisito, o voto declararíase nulo.
Ten en conta tamén que a orde importa. Implica unha puntuación determinada: é dicir, que á primeira persoa da túa lista estaslle concedendo máis puntos que á segunda e así sucesivamente.
A votación presencial celebrarase no local de Pontejos, 7 [canda o mercado de San Agustín] no mesmo horario tanto sábado 7 como o domingo 8: de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00.
A votación telematica, a través de AgoraVoting, abrirase o sábado 7 ás 10:00 da mañá e pecharase o domingo 8 ás 20:00 da tarde. Para votar, recibirás unha mensaxe (tanto se vas votar presencialmente como a distancia) con un código que precisarás para acceder á plataforma de votación (a ligazón para acceder aparecerá tamén no SMS).
Gota a gota faise marea. Vota.
#FaiMarea
* Pois a esta hora no chegaron ningúns códigos… nin por SMS ni por correo, e xa levamos case 3 horas de apertura de urnas.
Ola Francisco,
Se non recibiches a SMS é porque non completaches o teu rexistro para votar a distancia. De todas formas podes acercarte a votar o local de Pontejos.
A mim tampouco me chegaron os códigos, nen esta mañá tras rexistrarme para votar na rúa Pontejos nin esta tarde preto das 8, cando volvín e me dixeron que ne enviaban o código de novo.
¿algunha solución? Mañá domingo tratarei de atopar un hoco para voltar a Pontejos a votar. Espero que xa teña o código ou que haia algún plan B para que votemos os que temos este problema.
Ola compañeiros! Veño de votar e gustaríame saber onde debo inxerir a clave que me deu o computador ao rematar a votación, para comprobar se o meu voto quedou rexistrado. Grazas!
Tengo problemas con el teléfono que indiqué (629859834) y no puedo recibir el SMS con el código que me permita acceder a la aplicación informática para poder votar a distancia.
Les indico otro teléfono para que puedan tener a bien de registrarme para que pueda votar telemáticamente.
Nuevo número: 616931691
Para que vosotros podáis certificar mi identidad, también al mail de primarias para adjuntar nuevamente mi DNI
Gracias por todo
Un saludo
Jorge Gil Morabes
DNI: 47353550T
Ola
Pode-se votar (respectando a cremalleira) só a catro ou cinco persoas das listas?. Sería tamén nulo?
Ola, Dolores. Un voto así non podía emitirse xa que o sistema non o admitía. Todas as votantes estaban obrigadas a elixir 12 persoas e tiñan que ter en conta, iso si, que fosen alternando muller e home, en cremalleira. Mais o número xa viña predeterminado polo sistema