Votar presencialmente nas Primarias

Para votar presencialmente é necesario, en primeiro lugar, ter asinado o Manifesto da Marea Atlántica antes do 18 de decembro de 2019.

Os días 15 a 17 de febreiro haberá unha mesa electoral nun local habilitato ao efecto a través da cal se poderá exercer o sufraxio, será nese momento cando se acreditará mediante documentación  (DNI ou certificado de empadroamento ou factura onde coincida a titularidade) a residencia na Coruña.

 

 


Se tes algunha dúbida escribe a primarias@mareatlantica.org (Órgano de Abritraxe Electoral)