Saltar ao contido

Como votar nas Primarias 2019

Tipo de votación

  1. A votación nas Primarias da Marea Atlántica realizarase nun único acto, votando por calquera das listas presentadas, permitíndose o voto en branco.
  2. As candidaturas aparecerán na pantalla ordenadas de esquerda a dereita en orde aleatoria ou sorteada polo Órgano de Arbitraxe Electoral.
  3. A lista de titulares da candidatura da Marea Atlántica será completada con persoas de consenso que pola súa proxección pública avalen todo o proceso, con este fin serán reservados un máximo de 4 postos ao final da lista.
  4. No caso de que sexa necesario completar a candidatura, sexan os postos titulares ou suplentes, o será por consenso na Rede, a proposta da Coordinadora.

Sistemas de votación

  1. A electora ou elector emite o seu voto a favor dunha lista que contén 20 persoas candidatas presentadas de forma prelada.
  2. O sistema de conteo farase baixo un sistema proporcional D’Hont, é dicir, o resultado obtido por cada candidatura divídese de xeito secuencial e crecente entre o número de postos a repartir. No caso desta candidatura do 1 ao 23 (dada a reserva dos últimos catro postos para persoas designadas pola Rede), os 23 maiores cocientes obteñen
    un posto na candidatura.
  3. No caso de que unha das listas supere o 65% dos votos obterá automaticamente os primeiros cinco postos da candidatura, aplicándose a proporcionalidade, por tanto, a partir do 6º posto.

Lugares e formas de votación

  1. Votarase de maneira privada ou de maneira telemática asistida nun espazo adaptado a tal efecto (ver instrucións de voto presencial en mesa electoral) ou telematicamente a distancia (ver instrucións do voto a distancia) en casos xustificados.
  2. Habilitaranse un ou máis espazos a efectos de colexio electoral, segundo decida o Órgano de Arbitraxe Electoral, nos que se votará a través dun ordenador. Nos devanditos colexios estarán persoas do Grupo de Ferramentas para facilitar a votación e do Órgano de
    Arbitraxe Electoral, coa posibilidade de que as suplentes de dito órgano podan exercer ese día, para garantir a limpeza do proceso.
  3. Celebraranse tres xornadas electorais consecutivas os días 15, 16 e 17 de febreiro.
  4. O período de votación rematará ás 23:59 horas do 17 de febreiro de 2019.
  5. Ademais das ferramentas de seguridade que oferta a ferramenta telemática, o órgano de Arbitraxe velará pola seguridade do proceso.

Se tes algunha dúbida escribe a primarias@mareatlantica.org (Órgano de Abritraxe Electoral)