Saltar ao contido

Como votar a distancia nas Primarias 2019

Para votar a distancia é necesario seguir 3 pasos antes do 7 de febreiro de 2019:

  1. Ter asinado o Manifesto da Marea Atlántica antes do 18 de decembro de 2018
  2. Solicitar o voto a distancia neste formulario, especificando as razóns polas que solicitas a participación telemática.
  3. Acreditar a residencia (actual ou durante os últimos 5 anos) na cidade mediante algún documento (DNI, certificado de empadroamento ou factura onde coincida a titularidade) enviándoo por correo a primarias@mareatlantica.org ou achegándoo ao local da Marea Atlántica (Praza do Humor 1 – Baixo).

Das 10:00 h do 15 de febreiro a 21:59 h 17 de febreiro estará habilitada unha ferramenta telemática a través da cal se poderá exercer o sufraxio a distancia.


Se tes algunha dúbida escribe a primarias@mareatlantica.org (Órgano de Abritraxe Electoral)