Saltar ao contido

Primarias 2019

Primarias Marea Atlántica

Nestas semanas, a Marea Atlántica afronta un innovador proceso coa meta de que as candidaturas que se presenten ás primarias que se celebrarán os días 15, 16 e 17 de febreiro sexan unha suma de opinións das persoas que conforman a Marea nos seus distintos niveis de participación. Para garantir a calidade deste proceso, dotámolo dunhas garantías metodolóxicas que podes descargar nesta ligazón. Para saber como votar ou os prazos mais detallados ao respecto, tes o calendario completo aquí.

Tes dous xeitos de participar nas Primarias da Marea Atlántica: como candidata/o ou como votante.

  • Para presentarte como candidata/o ás Primarias da Marea Atlántica tes que cumplir unha serie de requisitos e prazos que son os que se recollen na lexislación vixente e, alén diso, hai unha serie de criterios definidos internamente no Regulamento. Se queres consultar o Regulamento completo das Primarias da Marea Atlántica podes descargalo aquí.
  • Para participares como votante nas Primarias da Marea Atlántica podes acudir presencialmente a votar a algunha das mesas que se habilitarán os días da votación, do 15 ao 17 de febreiro. Podes exercer tamén o teu dereito a voto telemático de xeito rogado en casos debidamente xustificados: segue estas instrucións para votar a distancia. En ambos os dous casos é necesario ter asinado o Manifesto da Marea antes do 18 de decembro de 2018; así mesmo haberás acreditar documentalmente que resides ou residiches na cidade un mínimo de 6 meses nos últimos 5 anos. A única excepción a este requisito será a das persoas que non residan na Coruña pero que teñan plenos dereitos políticos na Marea Atlántica (entendendo por tales as persoas con dereito a participar na Rede) adquiridos ata un ano antes da convocatoria destas primarias.

Para maior información, consulta as ligazóns seguintes:


Se tes algunha dúbida escribe a primarias@mareatlantica.org (Órgano de Abritraxe Electoral)