Saltar ao contido

O histórico escritor e intelectual galeguista faleceu na Coruña o 1 de febreiro de 1923, e está enterrado nunha parcela municipal en San Amaro 

A Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística propuxo construírlle un mausoleo, pero o goberno local non deu resposta


O grupo municipal da Marea Atlántica vén de rexistrar unha serie de preguntas de resposta escrita para o goberno local, coa intención de coñecer as actividades previstas para conmemorar o centenario do falecemento de Manuel Murguía. 

O escritor, historiador e intelectual galeguista finou na Coruña o 2 de febreiro de 1923, e está enterrado no cemiterio de San Amaro, nunha parcela de propiedade municipal, pero polo momento o goberno local non comunicou ningún plan para conmemorar esta efeméride.

Ademais, a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, no marco das actividades do Día da Restauración da Memoria Lingüística, solicitou ao Concello da Coruña que con motivo deste centenario se constrúa un mausoleo á altura de quen foi o primeiro presidente da Real Academia Galega. Unha proposta avalada por ducias de sinaturas, e á que o goberno local non deu resposta. 

Manuel Murguía, autor de Los precursores (1885) e Historia de Galicia (1865-1913), figura crucial do movemento galeguista do século XIX, merece ter unha conmemoración digna na cidade da Coruña.

Como pensa conmemorar o centenario do pasamento de Manuel Murguía o goberno local?