Saltar ao contido

Un total de 639 persoas terán dereito a voto neste proceso, que comezou en xaneiro deste ano coa aprobación do regulamento básico na Marea Viva

Abrirase un innovador proceso participativo interno, que garante que toda a mareancia poida facer escoitar a súa voz na elaboración das candidaturas

As voceiras da Coordinadora da Marea Atlántica, Sabela Pérez e Xan Xove, explicaron os avances no proceso de primarias para elaborar a nosa candidatura ás eleccións municipais de 2019, que entra na súa fase final. O 20 de decembro, na Rede, nomearase o Órgano de Arbitraxe e declararase aberto o prazo para a presentación de precandidaturas. Nestas primarias terán dereito a voto 639 persoas.

Como lembrou Xan Xove, a Marea Atlántica “comezou a traballar nas súas primarias en xaneiro, coa aprobación do regulamento base na nosa Marea Viva, e leva todo o ano desenvolvendo o proceso con debates internos, construtivos e plurais. Somos un espazo político maduro, que traballa desde o consenso”.

18_12_19__rolda_voceiras_1Pola súa banda, Sabela Pérez, salientou que estas primarias “contarán cun innovador sistema de participación para elaborar as candidaturas”. As persoas que queiran encabezar unha lista “poden solicitar o apoio da Marea Atlántica para escoller o seu equipo”. Deste xeito, as persoas precandidatas comprometerase a organizar un mínimo de tres reunións (ou máis, se o desexa) coa mareancia para debater sobre nomes, perfís, temáticas e experiencia necesaria para ter unha candidatura nas municipais que responda ás necesidades da Coruña”. A cambio, a organización cederalle os recursos dos seus equipos de comunicación e facilitación, ademais do local.

Deste xeito, procúrase un debate plural e transparente no seo da Marea, e garántese que toda as persoas terán dereito a ser escoitadas. As asinantes do manifesto poderán acudir a unha destas xuntanzas e expoñer o seu parecer. Tamén se habilitará unha caixa de correo virtual, para recibir as opinións das compañeiras que non participan de xeito presencial.

Este proceso é o recomendado no noso regulamento de primarias, pero non é obrigatorio. Será decisión de cada cabeza de lista se se somete a el ou non.

Calendario

Primarias Marea AtlánticaO prazo de presentación de precandidaturas estará aberto ata o 3 de febreiro. A campaña electoral desenvolverase do 8 ao 14 de febreiro, e as votacións serán os días 15, 16 e 17 de febreiro. O voto farase de xeito presencial no noso local, e quen o desexe pode solicitar o voto telemático.

Poderá votar calquera persoa maior de 16 anos, asinante do manifesto da Marea Atlántica e que residira na Coruña polo menos 6 meses durante os últimos 5 anos. Así, terán dereito a voto 639 persoas que cumpren estas condicións, sobre un total de 736 asinantes do manifesto da Marea.

O 18 de febreiro publicaranse os resultados provisionais e o 21 de febreiro os definitivos, tras un período para atender posibles reclamacións.

Así serán as candidaturas

As candidaturas estarán formadas por listas de 20 persoas e o voto realizarase á lista completa. O reparto de postos realizarase de xeito proporcional entre as diferentes candidaturas . Para poder presentarse é necesario ter asinado o Manifesto da Marea Atlántica, asinar un escrito de aceptación do Código Ético para os cargos electos e recibir o aval de cinco persoas con dereitos políticos na organización.

Nas primarias escolleranse os 23 primeiros postos da lista. Deste xeito, unha soa candidatura non poderá copar toda a representación. Se finalmente só houbera unha lista, a Rede escollería os nomes para encher os postos 21, 22 e 23, tendo en conta as propostas recollidas no proceso participativo previo.

Os postos do 24 ao 27 resérvanse para persoas de relevancia social na Coruña, que serán designadas pola Rede nas semanas posteriores ás votacións. Ademais, a Rede escollerá tres persoas suplentes para completar a candidatura, dentro da mareancia activa.

Ábrese o prazo para a presentación de precandidaturas ás primarias da Marea Atlántica