Saltar ao contido

Nós vemos unha praza con árbores e sombra, bancos, xogos infantís, pombas, bastóns, uniformes de colexio, lixo con restos da merenda, carpetas, whatsapps cruzando dun lado a outro, pole no aire, balóns perseguidos por cadelos, periódicos con lentes, bolsas da tenda, bicis, boinas, gorras con viseira e paraugas esquecidos…

Nós vemos unha praza. Un oasis. Unha praciña de barrio.

Este Concello non ve só unha praza, senón moitas. Prazas si, pero de aparcamento. O beneficio do común para uns poucos.

O que é teu e meu e noso para el, para ela, para eles.

E as prazas, as prazas son nosas.

E punto.

photo_2014-12-04_16-16-19

As prazas son nosas