150509_ANUNCIO_HASHTAG

 

 

Se tedes pensado acudir ao acto de Rebeldía Democrática e apoio á Marea Atlántica que terá lugar esta tarde ás 19.30 horas en Palexco, debedes ter en conta algunha cuestión importante para garantirvos non quedar sen sitio. O recinto onde terá lugar o acto ten unha capacidade máxima de 1.500 persoas. Para evitar aglomeracións, as portas de Palexco abriránse unha hora antes do inicio, ás 18.30 horas, e pecharánse unha vez completadas as prazas, de maneira que convén chegar con marxe de tempo para non quedar fóra.

Por otra banda, durante o evento habilitarase na pranta baixa de Palexco un espazo para os nenos e as nenas, que poderán quedar ao cargo das coidadoras. Tamén, na sala onde terá lugar o acto reservaránse prazas para persoas con mobilidade reducida.

#Marea24M