Se tedes pensado acudir ao acto de Rebeldía Democrática e apoio á Marea Atlántica que terá lugar esta tarde ás 19.30 horas en Palexco, debedes ter en conta algunha cuestión importante para garantirvos non quedar sen sitio. O recinto onde terá lugar o acto ten unha capacidade máxima de 1.500 persoas. Para evitar aglomeracións, as portas de Palexco abriránse unha hora antes do inicio, ás 18.30 horas, e pecharánse unha vez completadas as prazas, de maneira que convén chegar con marxe de tempo para non quedar fóra.
Por otra banda, durante o evento habilitarase na pranta baixa de Palexco un espazo para os nenos e as nenas, que poderán quedar ao cargo das coidadoras. Tamén, na sala onde terá lugar o acto reservaránse prazas para persoas con mobilidade reducida.
#Marea24M
Dispuesta a ayudar para que se consiga el cambio,no sólo político,cambio de sociedad.
deseo acudir
non me parece ben o das prazas limitadas. Eu son unha traballadora que sae as sete de traballar, e pensaba en ir apoiarvos e máis escoitar a Pablo Iglesias en directo. ter aforo limitado nun caso así, e unha locura.
Sería bó poñer unha pantalla fora para a xente que non poidaa entrar. Apertas
O noso presuposto é limitado e poñer pantallas fora, co aumento de persoal de seguridade que iso implica, suporía un custo que non nos podemos permitir.
Saúdos.
Favor transmitir o mitin en streaming, ou enviar un enlace polas redes. Moitas gracias. PD. Éxitos para Marea Atlántica.
Transmitimos o acto en directo, e agora podes atopalo no noso canal de YouTube. Aquí o deixamos por se o queres ver: https://m.youtube.com/watch?v=IVURwdJfeQQ
Saúdos.
Buenas tardes, me pueden indicar donde puedo acceder a su página web en castellano. Gracias
Mi pregunta es porque Podemos no se adhirió a la Marea de Vigo . No se habla de confluencia de fuerzas .
A pregunta deberías remitila á Marea de Vigo e/ou a Podemos Vigo.
Saúdos.
Como votante da Marea gustariame moito asistir pra observar de primeira man, as 25 ideas que se pretenden aprobar como primeiras medidas no goberno local da Coruña.