Ante todo polo ben común.

En 2009 entrou en vigor un regulamento da Unión Europea, que fixaba un límite de 30 anos para os contratos  de transporte público asignados sen concurso, como o da Coruña.

Se o contrato de Tranvías era de 1986, tiña que caducar en 2016. Con todo, a empresa acudiu ao xulgado e, dende o goberno da Marea Atlántica, suspendeuse a decisión ata que saise a sentenza. 

Lamentablemente, o tribunal acolleuse á interpretación máis restritiva da norma e o contrato seguirá vixente ata 2024.

En 1986, Francisco Vázquez deulle á Compañía de Tranvías o contrato do bus urbano da Coruña, sen outro criterio que a vontade de Francisco Vázquez.
Grazas a ese contrato, a empresa gaña 30 veces máis que a equivalente en Vigo. Un choio.

Desde aquela, Tranvías resistiuse a toda mellora. O mapa de liñas practicamente non se tocou desde os 80, cando a cidade era ben distinta.
A suba do billete foi constante: un 34% entre 2007 e 2011, anos de durísima crise, cos gobernos do PP e o bipartito. Nós mudamos iso.

En 2009, entrou en vigor un regulamento da Unión Europea, que fixaba un límite de 30 anos para os contratos de transporte público asignados sen concurso, como o da Coruña.

Se o contrato de Tranvías era de 1986, tiña que caducar en 2016.

A empresa foi ao xulgado a defender os seus privilexios e o goberno da Marea Atlántica, con responsabilidade, deixou a decisión en suspenso ata que saíse a sentenza.

Lamentablemente, o tribunal escolleu a interpretación máis restritiva da norma. 

Con todo, a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza da Unión Europea recoñece que a interpretación que fixo o Concello era posible, e mesmo foi a defendida inicialmente pola Comisión Europea.

A Coruña terá que manter catro anos máis un contrato de bus a medida de Tranvías e non das cidadanía

Tentamos mudalo, pero non foi posible. Fixémolo, si, para poñer o ben común antes que o beneficio privado.