Saltar ao contido
escaparate dunha biblioteca da Coruña

Os traballadores e as traballaras da parte privatizada da rede de bibliotecas municipais viven nunha incerteza permanente e aínda non saben se cobrarán a nómina de xullo. Cómpre que o goberno local aporte unha solución definitiva

É o momento de volver abordar a remunicipalización e unificación de todas as bibliotecas

A Marea Atlántica rexistrará unha pregunta de resposta oral no vindeiro Pleno para esixirlle goberno local solucións inmediatas á situación que viven as traballadoras e os traballadores das bibliotecas municipais e garantías de que non se volverá repetir.

Logo de que a voceira e o vivevoceiro da Marea Atlántica, María García e Iago Matínez mantivesen unha xuntanza a semana pasada con representantes do Comité de Empresa de LTM, a compañía subcontratada para xestionar as seis bibliotecas en mans privadas, puideron confirmar que viven nunha situación de incerteza permanente dende hai seis meses, logo da renovación contrato por parte do goberno local. A gravidade da situación é tal que non saben se cobrarán a nómina nin a paga extra do mes de xullo.

Como declarou María García, “Non é a primeira vez que ocorre isto. O goberno local non pode permitir que se reproduzan este tipo de situacións cada certo tempo, sen aportar unha solución definitiva. Afecta a 75 traballadoras de 6 bibliotecas; ten que actuar e ofrecer garantías para que non volva repetirse”.

O momento de falar de remunicipalización

A rede de bibliotecas municipais está semiprivatizada, cun sistema dual, desigual e ineficiente. Algunhas teñen xestión pública e outras son xestionadas por unha empresa privada concesionaria do servizo. É por isto que no vindeiro Pleno Marea Atlántica reabrirá o debate da remunicipalización, coa que rematarían  as diferenzas tanto no servizo á cidadanía como nas condicións laborais do persoal.

O goberno da Marea Atlántica tentou facer fronte a esta inxustiza durante o pasado mandato, tentando remunicipalizar e unificar a rede, pero non foi posible pola oposición do PP e o PSOE e a abstención do BNG.

Durante a campaña electoral, e nos seus acordos de investidura, o PSOE prometeu poñer orde o servizo de bibliotecas e unificar a xestión da rede neste mandato. Queda un ano e non se fixo nin unha cousa nin á outra. “Só vemos que as traballadoras están a padecer as consecuencias dunha licitación deste goberno, un contrato que leva seis meses en vigor acumulando problemas, e ao que se non mudan as cousas, aínda lle queda ano e medio por diante”, asegura García.

Nestes momentos, non temos constancia de que o goberno local estea a facer ningunha xestión para resolver os problemas inmediatos do persoal das bibliotecas, nin para darlles un horizonte de mellora a medio pazo. Esiximos que o executivo se poña do lado das traballadoras, que dea explicacións e sobre todo, solucións. E que se poña a traballar nunha alternativa a este contrato. Como di María García, “para unificar a remunicipalizar toda a rede, a nosa man está tendida”. 

Esixiremos no Pleno unha solución aos problemas do persoal de bibliotecas e garantías de que non se repetirán