Saltar ao contido

Aprobáronse tres mocións que esixen a paralización da poxa cos terreos da Solana e o Hotel Finisterre.

A moción do PSOE mesmo foi apoiada polo PP, que antes impulsara a especulación no Consello de Administración da Autoridade Portuaria

Doutra banda, PP e PSOE volveron unir os seus votos para tumbar a ordenanza da ORA, que ía permitir anular as sancións nos parquímetros. De novo, o bloqueo polo bloqueo

 

Por tres veces, o Pleno do Concello da Coruña rexeitou a especulación cos terreos da Solana e o Hotel Finisterre. Foron aprobadas tres mocións ao respecto, presentadas pola Marea Atlántica, o PSOE e o BNG –en colaboración coa Comisión Aberta en Defensa do Común– e as tres reclamaban a paralización da poxa coa que a Autoridade Portuaria pretende malvender o patrimonio da cidade.

Na iniciativa do noso grupo municipal, incídese na necesidade de investigar a xestión do Porto, que arrastra unha débeda de máis de 300 millóns de euros e leva catro anos en números vermellos. O pelotazo na Solana e o Hotel Finisterre só serviría para cubrir unha parte moi pequena do burato económico –uns 10 millóns–, polo que resultaría un pésimo negocio para a veciñanza da Coruña.

Ademafoto-carneis, lémbrase que a Autoridade Portuaria tiña un acordo de parar a venda dos terreos durante seis meses, para dar tempo a que o Concello presentara unha oferta que garantise a titularidade pública destes terreos. E o seu presidente, Enrique Losada, violou ese acordo ao negociar a porta pechada cunha inmobiliaria, para acordar a súa participación na poxa pola Solana e o Hotel Finisterre.

 

O PP cambia de opinón

Curiosamente, a moción do PSOE foi a que reuniu máis votos, porque tivo o apoio da Marea Atlántica e do Partido Popular. Así é: o PP votou a favor deste texto que reclama que se lle dea prioridade á oferta do Concello para mercar a Solana. Xusto o contrario do que defenderon no Consello de Administración da Autoridade Portuaria as persoas vinculadas a este partido. É tan evidente a especulación que xa nin o PP pode defendela.

A mensaxe do Pleno é clara. Súmase a que se envía desde a Comisión Aberta en Defensa do Común e desde as mobilizacións da rúa. Non á venda da fachada marítima para beneficio de intereses privados. Agardamos que a Autoridade Portuaria tome nota, rectifique, e poña o ben común por diante dos cartos. Tanto na Solana como nos peiraos de Batería e Calvo Sotelo, nos que se está a preparar a seguinte operación especulativa.

Bloqueo da ordenanza da ORA. O PSOE rexeita un texto que incluía as súas emendas

20170109-pleno-3No mesmo pleno, o PP e o PSOE volveron unir os seus votos cunha fin menos construtiva: tumbar a nova ordenanza da ORA. O texto recollía a posibilidade de anular as sancións no propio parquímetro, unha demanda da veciñanza. Tamén eliminaba a zona de aparcamento exprés e abría a posibilidade de empregar as zonas verdes baleiras como zona azul temporal, no horario de traballo. Pero, como é tristemente habitual, foi rexeitada por socialistas e populares, sen argumentos sólidos nin propostas alternativas.

En realidade, o PSOE participou nas negociacións da ordenanza, ao igual que o BNG. O texto que foi a pleno incluía nove alegacións íntegras, e outras sete de forma parcial. E tiña o apoio declarado do PSOE… ata un par de horas antes do pleno. De súpeto, escolleu aliarse unha vez máis co PP. O bloqueo polo bloqueo. A parálise son eles.

Mensaxe clara do Pleno: Non á especulación na Solana