A Marea Atlántica organiza, o vindeiro sábado 18 de marzo, unha xornada para debater e ofrecer alternativas ao problema da saúde mental. Contará coa presenza de Iñaki García Maza, presidente da Asociación Vasca de Terapia Gestalt Zimentarri e psicoterapeuta, e incluirá un coloquio con profesionais e voces expertas. Analizaremos o incremento das patoloxías mentais, tras a pandemia e as crises económicas, falaremos da escaseza dos recursos públicos para atendelas e trataremos de ofrecer solucións con perspectiva municipalista.