Saltar ao contido

Os comentarios están pechados.

imaxe_blog

A Marea Atlántica é unha onda imparable que levará as demandas da cidadanía ao goberno da Coruña. Fronte a un modelo de xestión urbana baseado na corrupción, a especulación e o dispendio, chegou o momento de cambiar o xeito de facer política. É necesario activar a participación da veciñanza nas decisións que nos afectan e rematar coa separación entre gobernantes e gobernadas.

O Encontro Aberto convida aos colectivos cidadáns a participar na elaboración do programa de goberno da Marea Atlántica, a vindeira fin de semana (días 14 e 15 de marzo), en dous espazos: o local da Marea Atlántica (rúa Pontejos, 7 – San Agustín) e a Casa da Fariña (Praza da Fariña – Cidade Vella).

O encontro estará estruturado nas 5 áreas estratéxicas do futuro programa, combinando a recollida de información especializada coa discusión e o debate sobre o modelo de cidade que queremos:

  • MODELO ECONÓMICO E ENERXÉTICO
  • XUSTIZA E COHESIÓN SOCIAL
  • MODELO TERRITORIAL E URBANO
  • CULTURA, MEMORIA E IDENTIDADES
  • RADICALIZACIÓN DEMOCRÁTICA

Para saber onde se tratará cada unha destas áreas, podes descargar o programa completo do Encontro.

Encantaranos contar coa vosa participación.

Hai Marea!

 

TEMOS PROBLEMAS GRAVES DE AFORO. Por iso, pregamos que confirmedes a asistencia para facilitar a organización da actividade no enderezo mediacion@mareatlantica.org, indicando en que sesión ou mesa de traballo queredes participar.

Participa na elaboración do programa de goberno