[fusion_builder_container hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” menu_anchor=”” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” background_color=”” background_image=”” background_position=”center center” background_repeat=”no-repeat” fade=”no” background_parallax=”none” parallax_speed=”0.3″ video_mp4=”” video_webm=”” video_ogv=”” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_loop=”yes” video_mute=”yes” overlay_color=”” video_preview_image=”” border_size=”” border_color=”” border_style=”solid” padding_top=”” padding_bottom=”” padding_left=”” padding_right=””][fusion_builder_row][fusion_builder_column type=”1_1″ layout=”1_1″ background_position=”left top” background_color=”” border_size=”” border_color=”” border_style=”solid” border_position=”all” spacing=”yes” background_image=”” background_repeat=”no-repeat” padding_top=”” padding_right=”” padding_bottom=”” padding_left=”” margin_top=”0px” margin_bottom=”0px” class=”” id=”” animation_type=”” animation_speed=”0.3″ animation_direction=”left” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” center_content=”no” last=”no” min_height=”” hover_type=”none” link=””][fusion_text]
A nova normativa, que será aprobada o luns, implanta un ensino de 0 a 3 anos gratuíto, en galego, con valores e con alimentación saudable na infancia
A Marea Atlántica e o PSdeG-PSOE chegaron a un acordo para a aprobacion definitiva do novo regulamento das Escolas Infantís Municipais, que implantará a gratuidade do ensino de 0 a 3 anos a partir do vindeiro curso, beneficiando a 830 familias usuarias na Coruña. A nova normativa enriquécese coas alegacións das directoras das EIM, que serán aceptadas e incorporadas ao texto en gran parte. Este acordo é parte do pacto asinado en xullo de 2019, facendo posible a investidura de Inés Rey como alcaldesa, e será aprobado o luns na Comisión de Educación.
Segundo o voceiro do goberno local, José Manuel Lage, a gratuidade das escolas infantís é un compromiso do goberno de Inés Rey para melloras as políticas sociais na cidade. “Escoitamos as directoras dos centros e tivemos en conta todas as achegas, introducindo melloras sobre o regulamento inicial”, dixo.
Por parte da Marea Atlántica, a voceira municipal María García sinalou que “escoitamos as propostas das directoras, que coñecen a realidade dos centros mellor ca ninguén, e incorporámolas para que o novo regulamento sexa o máis útil posible. É un xeito de recoñecer o traballo das profesionais que educan e coidan ás nenas e nenos da Coruña e de mellorar o servizo”. E engade que desde agora, as EIM pasan a ser parte integral do ensino público, por dereito propio. E conseguímolo grazas ao entendemento entre forzas progresistas”.
Deste xeito, os nove centros que conforman a rede de escolas infantís municipais –Agra do Orzán, Arela, A Caracola, Carmen Cervigón, Carricanta, Os Cativos, Luis Seoane, Monte Alto e Os Rosales– comezarán o curso en setembro cun novo regulamento que, a maiores da gratuidade, introduce o galego como lingua vehicular, fomenta os valores como a igualdade e a diversidade, e reforma os menús dos comedores para facelos máis saudables e con produtos de proximidade.
[/fusion_text][fusion_builder_row_inner][fusion_builder_column_inner type=”1_2″ layout=”1_2″ spacing=”” center_content=”no” hover_type=”none” link=”” target=”_self” min_height=”” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” background_color=”” background_image=”” background_position=”left top” background_repeat=”no-repeat” border_size=”0″ border_color=”” border_style=”solid” border_position=”all” border_radius=”” box_shadow=”no” dimension_box_shadow=”” box_shadow_blur=”0″ box_shadow_spread=”0″ box_shadow_color=”” box_shadow_style=”” padding_top=”” padding_right=”” padding_bottom=”” padding_left=”” dimension_margin=”” animation_type=”” animation_direction=”left” animation_speed=”0.3″ animation_offset=”” last=”no”][fusion_text columns=”” column_min_width=”” column_spacing=”” rule_style=”default” rule_size=”” rule_color=”” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=””]
Alegacións aceptadas
As alegacións presentadas polo colectivo de directoras das Escolas Infantís Municipais contribúen, en xeral, a afinar o regulamento na súa parte técnica. Así, entre as súas propostas estimadas atópase a de incorporar representación da Universidade da Coruña ao órgano de supervisión e coordinación das EIM; a de fomentar o papel das ANPAS; e as relativas a unha mellor definición dos obxectivos educativos e do funcionamento dos centros. Outras tiveron que ser desestimadas polos seus problemas de encaixe xurídico e legal, segundo os informes técnicos da área municipal de Educación.
Acéptase, ademais, unha emenda do grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego, para incorporar a presenza dunha profesional do ámbito pedagóxico ao Consello de Participación das EIM, un órgano de nova creación que garantirá que o profesorado e as familias teñan voz no funcionamento destes centros de ensino de 0 a 3 anos.
[/fusion_text][/fusion_builder_column_inner][fusion_builder_column_inner type=”1_2″ layout=”1_2″ spacing=”” center_content=”no” hover_type=”none” link=”” target=”_self” min_height=”” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” background_color=”” background_image=”” background_position=”left top” background_repeat=”no-repeat” border_size=”0″ border_color=”” border_style=”solid” border_position=”all” border_radius=”” box_shadow=”no” dimension_box_shadow=”” box_shadow_blur=”0″ box_shadow_spread=”0″ box_shadow_color=”” box_shadow_style=”” padding_top=”” padding_right=”” padding_bottom=”” padding_left=”” dimension_margin=”” animation_type=”” animation_direction=”left” animation_speed=”0.3″ animation_offset=”” last=”no”][fusion_imageframe image_id=”8504|400″ max_width=”” style_type=”” blur=”” stylecolor=”” hover_type=”none” bordersize=”” bordercolor=”” borderradius=”” align=”none” lightbox=”no” gallery_id=”” lightbox_image=”” lightbox_image_id=”” alt=”” link=”” linktarget=”_self” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” animation_type=”” animation_direction=”left” animation_speed=”0.3″ animation_offset=””]https://mareatlantica.org/wp-content/uploads/2020/04/20_04_15_Escolas-400×215.jpg[/fusion_imageframe][/fusion_builder_column_inner][/fusion_builder_row_inner][/fusion_builder_column][/fusion_builder_row][/fusion_builder_container]