Saltar ao contido

Xulio Ferreiro: “Debater sen a Marea é a maior proba de que o ‘establishment’ teme o aire novo que representamos”

_MG_5419

 O candidato da Marea Atlántica á alcaldía da Coruña, Xulio Ferreiro, valorou desde Madrid -onde participou nunha xuntanza das principais iniciativas cidadás do Estado, como a Barcelona en Comú de Ada Colau ou Ahora Madrid- a exclusión da Marea Atlántica do debate electoral que organiza a TVG “seguindo intereses de supervivencia política, non criterios informativos”. “O formato escollido é perfecto para o señor Negreira, que non quere debater con quen o pode poñer en evidencia e representa a única alternativa na Coruña, a Marea Atlántica, e tamén é perfecto para aquelas forzas políticas que poñen os seus intereses particulares como organizacións por diante dos intereses da maioría social, que reclama unidade, responsabilidade e cambio”, argumenta o candidato.

Xulio Ferreiro cre que “organizar un debate electoral sen a Marea é a maior proba de que o establishment teme o aire novo que representamos, un desafío contra os vellos privilexios que unha minoría pon por diante dos dereitos democráticos da xente”.

Os intereses políticos marcan o debate da TVG