Sen categorizar

Os contratos opacos do Concello

Xulio Ferreiro: “Que oculta o PP para non facer públicos todos os contratos que asina o Concello?”

O candidato da Marea Atlántica á alcaldía da Coruña pide que o Concello “publique todos os contratos, incluídos os menores; para saber a que se dedica até o último euro e borrar calquera sombra de sospeita, por exemplo, de utilizar os cartos públicos para comprar vontades”

 

O candidato da Marea Atlántica á alcaldía da Coruña, Xulio Ferreiro, defendeu “que a transparencia no Concello sexa total” e dixo “non entender” as razóns “polas que non son públicos todos os contratos que asina o Concello. Que quere ocultar o PP?”. “A Marea fará públicos todos os contratos do Concello, incluídos os menores, tal e como defendemos no noso programa electoral. E daremos preferencia aos concursos públicos fronte ao dedazo que tanto gusta no PP. A cidadanía ten dereito a saber a que se dedica até o último euro e así borrar calquera sombra de sospeita de, por exemplo, utilizar os cartos de todos e todas para comprar vontades ou cometer dispendios propagandísticos. É necesario ese exercicio de transparencia, especialmente cando máis da metade da Xunta de Goberno Local está a ser investigada pola xuíza De Lara”, indica Ferreiro.

O cabeza de lista da Marea tamén defende que -“tal e como fixen eu a iniciativa propia”- “Negreira e todos os seus concelleiros e concelleiras e cargos directivos do Concello e das sociedades municipais deben facer pública a súa declaración do IRPF, no seu caso dos exercicios 2011 e 2014, e as declaracións de bens e actividades, con omisión dos datos persoais protexidos”. “Como eu o fixen, sei que é sinxelo. Non entendería que o PP se negase a esa medida”, engade o candidato da Marea, que por medio do grupo municipal de Esquerda Unida-Os Verdes -que apoia a candidatura de Xulio Ferreiro- presentou unha moción nese sentido no Pleno que ten lugar mañá en María Pita.

 

Have your say