Saltar ao contido

Organización

A participación na Marea Atlántica é unha e aberta a todas as persoas que compartan os nosos principios políticos e desexen tomar partido na toma de decisións.

A Marea Atlántica está organizada en diferentes momentos, espazos e niveis orgánicos, recollidos no Documento de Estrutura aprobado na Marea Viva de 2018.

Marea Viva

Composta por todas as persoas asinantes do Manifesto da Marea Atlántica, reúnese de xeito bienal e é o órgano que aproba as normas de rango estatutario da Marea Atlántica.


Rede

Está composta polas persoas activas, é dicir, todas as persoas que estean integradas nalgún dos grupos, mareas, proxectos ou actividades da Marea Atlántica e superasen o proceso de benvida e acompañamento.

A Rede é o máximo órgano decisorio entre Mareas Vivas e asume a toma das decisións estratéxicas. Aproba a normativa derivada (regulamentos e protocolos) e define as liñas estratéxicas a través dun plan de actividades anual. Ten a potestade de crear novos grupos de traballo. Exerce a función de control. Será a encargada de validar o plan anual de actividades, os orzamentos e as contas da Marea Atlántica.

A Rede terá unha periodicidade mensual, canto menos. Será convocada pola Coordinadora previo informe da Área de Mediación. Calquera órgano, unidade operativa ou grupo composto a lo menos por dez persoas con dereito a asistir á Rede poderá propor á Coordinadora a inclusión dun punto na Orde do Día


Coordinadora

É o órgano executivo colexiado da Marea Atlántica que funciona de xeito permanente.

É a encargada de garantir a prestación dos servizos xerais da organización, en orde a acadar os obxectivos definidos no plan de actividades que a Rede aprobará anualmente. Coordinará o funcionamento da organización seguindo os criterios de transparencia, eficacia, democracia interna e a observancia dos principios políticos e obxectivos da Marea Atlántica coa colaboración das unidades operativas.


Áreas de traballo

As Áreas de Traballo asumirán os servizos xerais da organización, é dicir, as tarefas que marcan o día a día da Marea Atlántica.

Comunicación

Desenvolvera os traballos de comunicación interna e externa da organización.

Recursos Materiais

Asumirá os traballos de ferramentas informáticas, legal, financiamento e xestión do local.

Mediación e acompañamento

Desempeñará o traballo metodolóxico de facilitación así como de resolución de conflitos, e asumirá os procesos de benvida e acompañamento.

Dinamización

Área para a innovación e a dinamización orgánica que conterá dunha parte o novo sistema de traballo por proxectos e doutra as actividades de formación e debate político.

Máis info

Relacións políticas

Asumirá o traballo vencellado á relación con outras entidades políticas e sociais.

Grupo Municipal

O grupo encargado de desenvolver a acción institucional da Marea Atlántica, conformado polas concelleiras elixidas e o persoal de apoio.

Máis info


Comisións

Desenvolverán as liñas transversais de traballo da organización, acollendo a aquelas Mareas existentes que desenvolven un traballo continuado, ou que responden a obxectivos políticos da organización. 

Territorio

A acción política da Marea Atlántica debe ter unha tradución territorial e esta Comisión traballará para que a organización poda estar máis presente no día a día da veciñanza para coñecer e satisfacer as súas necesidades, dotando á participación activa dunha dimensión territorial.

Feminismo

A igualdade é un valor prioritario para a Marea Atlántica, que debe afondar tamén na súa feminización.

Medio Ambiente e sustentabilidade

A actividade da Marea Atlántica debe incluír sistemáticamente criterios de sustentabilidade e respecto ao medio ambiente.

Mobilidade

A Mobilidade é un elemento fundamental para a boa vida das persoas dentro dunha cidade. Será un aspecto importante no que traballar con continuidade.


Proxectos e accións

Calquera persoa que estea activa na Marea Atlántica pode propoñer a realización dun proxecto ou acción que estea en consonancia cos obxectivos da Marea Atlántica, a través da páxina específica coa que conta a Área de Dinamización. Igualmente, calquera persoa inscrita (asinante do Manifesto) pode colaborar con algún dos proxectos xa en marcha.