Saltar ao contido

Os comentarios están pechados.

A Rede da Marea Atlántica aproba as primeiras tenencias de alcaldía e as adscricións ás áreas de goberno

Alcaldía asumirá competencias como seguridade cidadá ou a asesoría xurídica dentro dun organigrama cooperativo no que María García terá a primeira tenencia de alcaldía

_MG_0174

A Rede da Marea Atlántica aprobou este xoves o reparto dos niveis inferiores de organización e a súa adscrición ás áreas de goberno xa aprobadas hai unha semana e tamén as primeiras tenencias de alcaldía dentro do goberno da Marea, que con toda probabilidade entrará en María Pita esta fin de semana. Este acordo da Marea será sometido á posterior aprobación dos órganos municipais correspondentes. Así, a alcaldía que asumirá Xulio Ferreiro terá ao seu cargo a área transversal de Transparencia; e tamén Oficina Orzamentaria; Asesoría Xurídica; Seguridade Cidadá e Política Lingüística.

A área transversal de Igualdade e Diversidade -a cargo de Rocío Fraga- inclúe Igualdade, Loita contra a Violencia de Xénero, Planificación Familiar, e defensa de Colectivos minoritarios ou minorizados.

En Medio Ambiente e Mobilidade Sostible -área transversal e dobre na que estarán María García e Daniel Díaz Grandío- incluirá, por unha parte, Medio Ambiente, xestión de residuos e limpeza; pola outra (sempre en cooperación) a de mobilidade e accesibilidade; tráfico; concesións de dominio público e transporte (o que inclúe o parque móbil municipal).

Na área transversal de Participación e Innovación Democrática (con Claudia Delso como concelleira) estará a Participación Cidadá, a descentralización en distritos e barrios, a innovación democrática e mocidade (con OMIX).

Respecto ás sectoriais: Xustiza Social e Coidados (Silvia Cameán) inclúe servizos sociais, Educación e Sanidade. Emprego e Economía Social (Alberto Lema) inclúe Traballo e Emprego, Actividade Económica; Comercio; Turismo; Mercados; Consumo e actuación comercial no Porto.

Cultura, deporte e coñecemento (José Manuel Sande) inclúe Cultura e Coñecemento (tamén Escola de Música), Deporte, Memorias (con Museos) e IMCE.

Facenda e Administración (Eugenia Vieito) corresponde a Facenda, Tesourería, Persoal, Contratación, Concesións e Informática.

E Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda (Xiao Varela) leva Urbanismo, Infraestruturas e equipamentos, Vivenda e ordenación portuaria.

Así mesmo, a co-responsable da área de Medio Ambiente e Mobilidade Sostible, María García, será a primeira tenente de alcalde. Xiao Varela o segundo; Silvia Cameán o terceiro e Alberto Lema o cuarto. Estes postos serán sempre desenvolvidos de forma colexiada.

Por último, lembramos que Daniel Díaz Grandío será o portavoz da Marea na Deputación da Coruña, onde estarán tamén as deputadas provincias como Rocío Fraga e Claudia Delso.

Organización das áreas de goberno