Saltar ao contido

[fusion_builder_container hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” menu_anchor=”” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” background_color=”” background_image=”” background_position=”center center” background_repeat=”no-repeat” fade=”no” background_parallax=”none” parallax_speed=”0.3″ video_mp4=”” video_webm=”” video_ogv=”” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_loop=”yes” video_mute=”yes” overlay_color=”” video_preview_image=”” border_size=”” border_color=”” border_style=”solid” padding_top=”” padding_bottom=”” padding_left=”” padding_right=””][fusion_builder_row][fusion_builder_column type=”1_1″ layout=”1_1″ background_position=”left top” background_color=”” border_size=”” border_color=”” border_style=”solid” border_position=”all” spacing=”yes” background_image=”” background_repeat=”no-repeat” padding_top=”” padding_right=”” padding_bottom=”” padding_left=”” margin_top=”0px” margin_bottom=”0px” class=”” id=”” animation_type=”” animation_speed=”0.3″ animation_direction=”left” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” center_content=”no” last=”no” min_height=”” hover_type=”none” link=””][fusion_text]

Era a única que funcionaba en Galicia e foi inaugurada en novembro de 2018 por Xulio Ferreiro: o seu peche evidencia o desleixo deste goberno en materia de memoria histórica

Iago Martínez: “Hai máis interese en facerse fotos con trofeos prestados que en avanzar na recuperación da Casa Cornide ou a eliminación da simboloxía franquista”  

A Marea Atlántica denuncia que o goberno municipal mantén pechada a Oficina de Atención ás Vítimas do Franquismo, a única que estaba a funcionar en Galicia, inaugurada en novembro de 2018 polo alcalde Xulio Ferreiro nunha colaboración entre o Concello e a Universidade da Coruña. Na resposta escrita a unha pregunta do noso grupo, o executivo local recoñece que non ten nin interese nin plans inmediatos para mantela aberta. Así, mentres o Goberno do Estado sementa un importante horizonte coa futura Lei da Memoria Democrática, na Coruña danse pasos atrás nos avances conseguidos no pasado mandato, cando se creou tamén o Consello Municipal da Memoria Democrática.

O vicevoceiro da Marea Atlántica, Iago Martínez, sinala que “en quince meses, e contra o prometido, poucos avances na recuperación da Casa Cornide ou a eliminación de simboloxía franquista. Nin sequera se puxo en marcha un servizo de Memoria Histórica con persoal propio. Máis aló do cartel no despacho do concelleiro, non hai área de Memoria Histórica neste goberno. Parece haber máis interese en facerse fotos con trofeos prestados que en avanzar”. Durante todo este tempo, o escaso traballo realizado recaeu no equipo de Cultura, polo que “cabe preguntarse se co novo reparto de competencias a pelota pasará ao de Educación”. 

A Oficina das Vítimas é o exemplo perfecto do desinterese deste goberno municipal pola Memoria Histórica. “Por desgraza, non é ningunha sorpresa. O PSOE da Coruña foi, durante o bipartito, o que bloqueou o cumprimento da Lei de Memoria Histórica que aprobara o seu mesmo partido en Madrid. Unha lei contra a que Francisco Vázquez clama cada vez que lle poñen un micro diante e que estaba sen cumprir, flagrantemente, cando a Marea Atlántica chegou ao goberno municipal, con alcaldes golpistas homenaxeados nos corredores do Pazo de María Pita e ducias de fascistas nas rúas e nas prazas”, argumenta Iago Martínez. 

[/fusion_text][fusion_builder_row_inner][fusion_builder_column_inner type=”1_2″ spacing=”” center_content=”no” hover_type=”none” link=”” target=”_self” min_height=”” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” background_color=”” background_image=”” background_position=”left top” background_repeat=”no-repeat” border_size=”0″ border_color=”” border_style=”solid” border_position=”all” border_radius=”” box_shadow=”no” dimension_box_shadow=”” box_shadow_blur=”0″ box_shadow_spread=”0″ box_shadow_color=”” box_shadow_style=”” padding=”” dimension_margin=”” animation_type=”” animation_direction=”left” animation_speed=”0.3″ animation_offset=”” last=”no”][fusion_text columns=”” column_min_width=”” column_spacing=”” rule_style=”default” rule_size=”” rule_color=”” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=””]

Sen expediente para o BIC da Casa Cornide

Deste xeito, segue sen iniciarse o expediente para solicitar que a Casa Cornide sexa declarada BIC, facilitando así a súa recuperación de mans da familia Franco. “Anunciouse media ducia de veces, encargáronse informes, algún xa entregado, como a notable achega do profesor Emilio Grandío, e fixéronse contratos menores, pero o traballo administrativo para combater o roubo da Casa Cornide aínda está sen empezar, a pesar do precedente favorable que senta o Pazo de Meirás”, sinala Iago Martínez. 

Tampouco se deu un só paso para continuar coa retirada de simboloxía franquista na Coruña, contrastando cos importantes avances do mandato anterior, cando os nomes de asasinos como Millán Astray ou General Mola desapareceron do rueiro, xunto a ducias de referencias que honraban unha ditadura criminal. Segue pendente, tamén, o plan de mandato para a área de Memoria Histórica, varias veces prometido como sustento ao acordo para a aprobación dos Orzamentos 2020. Mes tras mes, a resposta do goberno municipal é sempre a mesma: “Está en proceso”.

A Marea Atlántica insta ao goberno municipal a poñerse a traballar canto antes nesta materia e a convocar o Consello Municipal da Memoria Democrática para avaliar estes primeiros quince meses. Tras a reestruturación do goberno local coa entrada dunha concelleira tránsfuga procedente de Ciudadanos, o edil de Memoria Histórica apenas ten competencias. “Non hai escusa para non avanzar”, afirma Martínez, quen vén de rexistrar nova preguntas de cara ao próximo pleno.

[/fusion_text][/fusion_builder_column_inner][fusion_builder_column_inner type=”1_2″ spacing=”” center_content=”no” hover_type=”none” link=”” target=”_self” min_height=”” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” background_color=”” background_image=”” background_position=”left top” background_repeat=”no-repeat” border_size=”0″ border_color=”” border_style=”solid” border_position=”all” border_radius=”” box_shadow=”no” dimension_box_shadow=”” box_shadow_blur=”0″ box_shadow_spread=”0″ box_shadow_color=”” box_shadow_style=”” padding=”” dimension_margin=”” animation_type=”” animation_direction=”left” animation_speed=”0.3″ animation_offset=”” last=”no”][fusion_imageframe image_id=”8916|600″ max_width=”” style_type=”” blur=”” stylecolor=”” hover_type=”none” bordersize=”” bordercolor=”” borderradius=”” align=”center” lightbox=”no” gallery_id=”” lightbox_image=”” lightbox_image_id=”” alt=”” link=”” linktarget=”_self” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” animation_type=”” animation_direction=”left” animation_speed=”0.3″ animation_offset=””]https://mareatlantica.org/wp-content/uploads/2020/07/20200708_SGR_casa_cornide_SGR_2230-600×400.jpg[/fusion_imageframe][/fusion_builder_column_inner][/fusion_builder_row_inner][/fusion_builder_column][/fusion_builder_row][/fusion_builder_container]

A Marea Atlántica denuncia que o goberno do PSOE mantén pechada a Oficina de Atención ás Vítimas do Franquismo