Saltar ao contido

Xulio Ferreiro: “Nin este Goberno local nin os anteriores asumiron nunca as súas obrigas coa Ría do Burgo, da que o Concello da Coruña debe erradicar os puntos de verquido e traballar a prol dun plan de rexeneración”

 O candidato da Marea Atlántica á alcaldía da Coruña propón “eliminar os focos de contaminación para solucionar un problema enquistado que dificilmente resolverá quen puido facelo e non o fixo”. “Emalcsa ten que investir o diñeiro público en mellorar a rede de saneamento, non en Coruña Futura ou en soldos desorbitados”

MG_5423-e1429112403742

O candidato da Marea Atlántica á alcaldía da Coruña, Xulio Ferreiro, criticou o pésimo estado da Ría do Burgo, que cualificou de “vello problema que ten uns responsables, como por exemplo o actual goberno local ou os anteriores, que nunca asumiron as súas obrigas nese ámbito, como erradicar os puntos de verquido e traballar a prol dun plan serio e amplo de rexeneración”. “A Marea, no seu Programa, aposta polo que se pode e se debe facer desde o Concello: eliminar os focos de contaminación para solucionar un problema enquistado que dificilmente resolverá quen puido facelo e non o fixo”. “A Ría do Burgo é un entorno gravemente degradado debido principalmente á contaminación por residuos tóxicos, metais pesados e augas residuais. A Marea propón instar á execución dun plan de rexeneración para a valorización medioambiental e económica da ría, que consista fundamentalmente en eliminar as ameazas e focos de contaminación que aínda persisten e promover a rexeneración natural do ecosistema”, indica o cabeza de lista da plataforma cidadá. “Para lograr este obxectivo é precisa colaboración institucional, algo que ata agora nunca pasou das palabras aos feitos namentres a contaminación na Ría convertíase nunha vergoña para a cidade e para a comarca, mesmo duramente criticada por unha delegación da Unión Europea”, engade.

“Falamos dun ben natural, pero tamén dunha fonte de riqueza económica que se deixa esmorecer en tempos de crise. Hai trinta anos traballaban na Ría do Burgo máis de 2.000 persoas; na actualidade pouco máis dun cento”, lembra Ferreiro, que tamén critica que “namentres a ría sofre peches continuos e verteduras contaminantes, no Concello da Coruña Emalcsa dedícase a repartir soldos desmesurados entre os seus altos cargos ou a investimentos propagandísticos e improdutivos como Coruña Futura en vez de utilizar os cartos de todos e todas para o que é a súa obriga pública, como mellorar a rede de saneamento. Ou baixar as taxas da auga, como fará a Marea cando goberne”.

 

Obrigas pendentes coa Ría do Burgo