Saltar ao contido

A Marea Atlántica supera o obxectivo de obter 12.000 euros para a campaña mediante financiamento popular “sen hipotecas de bancos ou outros intereses”

O candidato da Marea Atlántica á alcaldía, Xulio Ferreiro, considera a “gran resposta dunhas 300 persoas ao chamado da Marea” como “outra proba de que a xente da Coruña ve con ilusión este proxecto e está disposta a colaborar para que poidamos facer unha campaña digna sen ter que depender de ninguén nin deber escuros favores como foi norma noutras forzas durante anos”

 

A Marea Atlántica superou con claridade o reto que se marcou hai vinte días e grazas a case 300 persoas sumou xa máis dos 12.000 euros de financiamento popular que fixou como obxectivo mínimo nunha campaña dixital que segue aberta e finaliza hoxe (achegas.mareatlantica.org) e que preto do mediodía xa se achegaba aos 12.300 euros, todos eles procedentes de aportacións de cidadáns a título individual -non se admitían empresas ou persoas xurídicas- coa pretensión de “poder facer unha campaña electoral digna sen pedirlle un euro aos bancos nin deber escuros favores a ninguén, como sabemos que foi -ou é- norma noutras forzas durante anos, por exemplo no PP do señor Negreira e as caixas B”, afirmou ao respecto o candidato da Marea Atlántica á alcaldía da Coruña, Xulio Ferreiro.

“A magnífica resposta da cidadanía a este chamado da Marea convértese noutra proba de que as xentes da Coruña ven con ilusión este proxecto e están dispostos a colaborar para que vaia adiante e chegue a María Pita, incluso facendo achegas do seu peto en momentos economicamente complicados. Pero saben que así apoian a unha forza que non vai estar hipotecada nin depender dos intereses dos bancos ou de ningún mecenas, senón que ten como única prioridade a eles, á xente, ás maiorías sociais”, indicou Ferreiro. O cabeza de lista da Marea sinalou tamén que no financiamento popular participaron preto de 300 persoas, o que ofrece unha media aproximada de 40 euros por persoa. Así mesmo, destacou que as contas da plataforma cidadá serán públicas e transparentes “como serán as do Concello cando cheguemos a María Pita”.

O reto do financiamento, superado grazas á xenerosidade