Saltar ao contido

Xa está na rúa o novo número da Agulla de Marear, que repasa a acción do goberno da Coruña durante o ano pasado

Foise xa o 2016, e deu para moito. Foi o primeiro ano completo co goberno da Marea Atlántica en María Pita. Deu para erros e acertos. Para polémicas e para acordos. Para exploración e para o avance. Algúns destes elementos tiveron boa cobertura mediática e a súa cuota de conversas diarias. Outros, non tanto. Por iso, quixemos facer un repaso ao traballo realizado nestes doce meses polo executivo muncipal. Medidas concretas, tanxibles, e desenvolvidas. Algunas son ben coñecidas. Outras, non tanto. Todas teñen en común o obxectivo de facer da Coruña unha cidade mellor para vivir.

Que non che marquen o rumbo, colle a Agulla de Marear.

A cidade que queremos

O goberno da Marea Atlántica proxecta unha nova cidade. Vencendo atrancos e dinámicas do pasado. Queremos unha cidade ao servizo das persoas que menos teñen, que non poden pagar os recibos da enerxía, nin os impostos dunha soa vez, que viven en asentamentos precarios, que non poden consentir copagamentos.

Queremos unha cidade con contas transparentes, con ferramentas de participación cidadá, activa na loita contra as violencias machistas, inclusiva e sumativa, que tece redes cos concellos da contorna, coas cidades do estado e do mundo, que se opón ao TTIP e aos tratados internacionais máis nocivos.

Queremos unha cidade que defenda para si o que lle pertence: o vello cárcere, os peiraos interiores, os terreos da Solana e o Finisterre, os espazos do Campo da Estrada. As institucións non son inmobiliarias: protexen e defenden o patrimonio colectivo.

Queremos unha cidade que desenvolva a xustiza social, que coide dos espazos de todas, que estimule novas formas de mobilidade, que procure unha vivenda digna para quen a precisa e que entenda a economía ao servizo dos intereses do 99%.

Queremos unha Coruña que defenda as escolas públicas, a reciclaxe, a expansión das árbores e a eliminación de verteduras aos ríos, ás rías e ao mar. Unha cidade orgullosa de cumprir as leis de memoria histórica ou de normalización lingüística.

Queremos unha cidade innovadora e dialogante, que administre mellor a facenda local, que faga da cultura e o deporte elementos estratéxicos, que crea na rexeneración urbana e que atenda a diversidade da cidadanía.

Construír esa nova cidade é tarefa complexa á que se opoñen partidos políticos que unen a súa forza. Por iso precisamos unha cidadanía crítica que loite por outro tipo de gobernanza e para que outro modelo de cidade se abra camiño.

O que non che contaron do 2016