Os Concellos son uns dos moitos xestores de cartos públicos. A súa xestión debería ser tan limpa e puntual como a que se nos esixe ás cidadás e cidadáns á hora de tributar os nosos impostos municipais, sexamos particulares, asociacións, empresas ou calquera outra figura xurídica. Sen embargo, isto non é así e moitos proveedores de bens e servizos aos concellos ven adiados os seus cobros, ás veces dunha forma completamente irresponsable e sen respecto nin protección ningunha de cara ao traballo brindado.
Como funciona o goberno de Carlos Negreira a este respecto?
O período medio de pago a proveedores (PMP) do concello da Coruña é de 39,71 días, que ademais de ser superior ao máximo que fixa a lei (30 días) sobrepasa tamén ao das restantes cidades galegas: o concello presidido por Carlos Negreira ten 33,3 millóns de euros pendentes de pago (importe tamén moi superior ao das outras cidades), tal e como se reflicte na figura adxunta correspondente ao mes de outubro deste ano. No mes anterior [setembro], A Coruña tamén incumpría o PMP, co cal o concello pasa agora a estar tutelado pola Xunta e o Estado na súa xestión económico-financeira para que cumpra co PMP máximo legal.
PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES- Outubro 2014 | Ratio deOperaciónsPagadas | Importe dePagosRealizados | Ratio deOperaciónsPendentes dePago | Importe dePagosPendentes | Periodo Mediode Pago |
Coruña (A) | 59,91 | 21.163.062,79 € | 26,87 | 33.291.243,92 € | 39,71 |
Santiago de Compostela | 13,29 | 3.244.487,14 € | 17,86 | 7.808.442,58 € | 16,52 |
Ourense | 6,84 | 3.691.203,75 € | 75,57 | 122.552,62 € | 9,05 |
Pontevedra | (5,73) | 4.190.026,10 € | (9,24) | 551.351,26 € | (6,13) |
Vigo | (9,57) | 12.034.982,18 € | (20,47) | 3.748.732,31 € | (12,16) |