O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, mantivo un encontro co voceiro municipal socialista, José Manuel Dapena, para afondar na colaboración entre os dous grupos, na que presentou as principais medidas que o goberno quere incluir nos Orzamentos de 2017
“É preciso que o PSOE recoñeza que o rival común son as políticas austericidas do PP, e deixe de lado os pactos con esta formación”, sinalou Ferreiro
O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, mantivo este 5 de setembro unha xuntanza co portavoz do grupo municipal socialista, José Manuel Dapena, para reiterarlle a súa intención de abrir “unha nova etapa de diálogo, marcada pola colaboración e a lealdade institucional, pensando no ben da cidadanía”. Como lembrou Ferreiro, “son moitas máis as cousas que unen a ambos grupos que os que as separan”, polo que o goberno da Marea Atlántica, coma sempre, seguirá a ter a man tendida. O que demandamos é que se traballe, unicamente, pensando no ben da cidadanía”.
O rexedor, para afondar nunha colaboración leal, ofreceulle ao Dapena un foro bilateral de caracter mensual, non que dialogar e valorar diferentes propostas. Iso sí, para que o ententemento sexa posible, “é indispensable que a formación socialista respecte as competencias deste Goberno e teña claro que é o equipo da Marea Atlántica o que ten os poderes executivos, e non outro”. Do mesmo xeito, é
necesario, “que o PSOE recoñeza que o rival común son as políticas austericidas e destinadas a favorecer a uns poucos en vez de á maioría social que levou e pretende levar a cabo o PP”, feito polo que Ferreiro invitou ao portavoz socialista non repetir os pactos co Partido Popular aos que chegou puntualmente no pasado curso político en María Pita.
Durante o encontro, Ferreiro explicou os asuntos que o goberno municipal quere poñer sobre a mesa, como a aprobación de dous modificativos de crédito necesarios, ou “como preciso “iniciar canto antes o proceso de diálogo dos Orzamentos municipais de 2017”, para que poidan ser levados a pleno en novembro e estean en vigor no comezo do ano que vén.
As bases dos Orzamentos 2017
Nesta xuntanza, o alcalde tamén compartiu co voceiro socialista as liñas mestras dos Orzamentos 2017, que se centran en afondar nas áreas de participación e xustiza social, claves durante o primeiro mandanto, e en impulsar novas actuación en vivenda, mobilidade e emprego e economía social. Detallamos aquí os as principais actuacións previstas polo goberno da Marea Atlántica, que deben estar garantidas nas contas munipais do vindeiro ano:
Xustiza Social e Educación:
- Reforzar a atención ás persoas maiores, en especial a aquelas en risco de exclusión social,
- Impulsar programa específicos para axudar ás persoas coidadoras
- Desenvolver a fondo a Renda Social Municipal aprobada este ano, e que comeza a aplicarse neste mes de setembro.
- Dotar dos recursos necesariosa ao servizo de orientación xurídica para as persoas en situación ou risco de vulnerabilidade,
- Poñer en marcha campamentos de verán con servizo de comedor.
- Incrementar os fondos destinados a programas educativos, aumentar o investimento nas Escolas Municipais Infantís e reforzar os
convenios coa FANPA para a realización de actividades extraescolares. - Manter a histórica contía aprobada en 2016 para a realización de obras maiores no centros educativos públicos da cidade.
Rexeneración Urbana
- Ampliar o parque público de vivenda coa á rehabilitación de edificios, para que o investimento público supoña unha
rexeneración dos distintos barrios da cidade. - Mellorar o espazo público con obras de investimento axustado e de máximo impacto na vida cotiá das persoas.
- Atendendo a demandas históricas dos barrios, avanzarase na peonalización e na implanación de zonas verdes, e mellorarase a accesibilidade en todo o tecido urbano.
- Manter e incrementar as redes de servizos
- Coidar e acondicionar o mobiliario urbano, tendo en conta as necesidades das persoas usuarias.
- Poñer en uso novos espazos públicos que hoxe se atopan infrautilizados, cun importante investimento
- Mellorar os locais públicos propiedade do Concello, para dar cabida neles ás demandas da cidadanía.
Mobilidade Sostible
- Reestruturación de liñas, paradas e nodos de intercambio do transporte público, tendo en conta a futura construción da Estación Intermodal, como parte dun proxecto integral de optimización do transporte urbano colectivo.
- Novo procedemento de adquisición e renovación da tarxeta Millenium, que poderá facerse de xeito non presencial
- Mellora de accesibilidade nas paradas de bus urbano
- Implantación de zonas de carril bus
- Mellora nos servizos de información da estación de autobuses.
- Impulso definitivo ao plan municipal para o fomento do uso da bicicleta e a execución de vías ciclables
- Revitalización do espazo urbano e a mobilidade na Cidade Vella
- Aprobación dun novo Plan de Mobilidade que veña substituír e corrixas as eivas do de 2014.
Emprego e Economía Social
- Aumentar un 21% os fondos destinados ao Plan Municipal de Emprego
- Impulsar o plan trienal Coruña Emprega, para favorecer a inserción laboral de colectivos especialmente desfavorecidos.
- Aumentar nun 40 % os recursos do Plan Integral de Apoio ao Emprendemento
- Crear un plan de Fomento do Emprego Estable, destinado a dar pulo, a través de distintas liñas de axudas, a contratación estable
- Promoción do alugueiro de baixos comerciais que se atopan baleiros na actualidade.
- Abordar a seguinte fase do Plan de Dinamización dos Mercados Municipais
- Remodelación das prazas de abastos de Santa Lucía e Monte Alto.
Igualdade e Diversidade
- Reforzar as accións encamiñadas a que esta sexa unha cidade libre de violencias machistas
- Afondar nos nos programas de atención as familias en situación de violencia de xénero
- Implantar proxectos de apoio e atención psicosocial a menores
- Impulsar así como procesos de empoderamento persoal das mulleres.
- Aumentar substancialmente as partidas encamiñadas a promover conciliación e corresponsabilidade
- Repensar e mellorar o actual servizo de canguraxe
- Levar a cabo un ambicioso proxecto sobre roles de xénero e novas masculinidades.
Facenda e Administración
- Completar a revisión das ordenanzas fiscais iniciada en 2016, avanzando en criterios de progresividade, xustiza social,
mellora medio ambiental e impulso á actividade económica - Implantar plenamente os procedementos da Administración Electrónica, de cara a mellorar o servizo que se ofrece á cidadanía e suprimir as restriccións espaciais e de horarios.
Culturas, Deporte e Coñecemento
- Abordar o proceso de remunicipalización da rede municipal de bibliotecas xa iniciado este ano.
- Establecer programas de formación para o emprendemento cultural.
- Proxecto piloto de coxestión de espazos escénicos.
- Incremento de fondos para o proxecto Coruña Gráfica de cara a realizar actuacións durante todo o ano para promocionar a cidade como eixo de creación no mundo da banda deseñada e a ilustración.
- Poñer en marcha os premios Viñetas desde o Atlántico.
- Creación dunha oficina técnica de apoio á produción e difusión, ou a coprodución de proxectos audiovisuais.
- Levar a cabo un ambicioso plan de posta en valor do patrimonio material e inmaterial da cidade, centrado especialmente no Castro de Elviña e no proxecto Caixa da Memoria.
- Programación e produción das Festas de María Pita, destacando o Festival Noroeste como evento a potenciar debido a forte repercusión acadada na presente edición.
- Abordar un plan de rehabilitación do patrimonio municipal en materia deportiva
- Construción de novas instalacións que respondan as demandas históricas da cidadanía, como a mellora das instalación do estadio de Riazor, o plan integral de rehabilitación de equipamentos deportivos exteriores, o complexo deportivo do Castrillón ou a base náutica de Oza.
Medio Ambiente
- Impulso dun plan de expansión do arborado na cidade
- Fomentar o uso ecolóxico de parcelas en desuso.
- Reparación de nichos e acondicionamento xeral de Santo Amaro
- Naturalización das redes de ensino e comedores escolares
- Avanzar nas acadar o vertido cero e nas accións de saneamento de cara ao non realizar verteduras á Ría do Burgo.
- Asinar un novo contrato de recollida e tratamento de residuos
- Iniciar o proceso de declaración do Espazo Natural de Interese Local (ENIL) da Torre de Hércules e Punta Herminia, e finalizar o das Illas de San Pedro
Participación e Innovación Democrática
- Garantir a participación da cidadanía no codeseño da normativa de participación do Concello
- Reformar do Regulamento Orgánico Municipal (ROM) en materia de participación.
- Poñer en marcha un Laboratorio de Innovación Cidadá.