Saltar ao contido

Os comentarios están pechados.

O alcalde, Xulio Ferreiro, vén de iniciar os trámites para convocar un pleno extraordinario para aprobar os Orzamentos 2017, vinculados a unha cuestión de confianza. Próximamente darase a coñecer a data exacta da sesión plenaria.

Onte, logo dunha maratoniana reunión, houbo un importante principio de acordo co grupo municipal socialista, con grandes doses de xenerosidade. Acordouse que o PSOE introduciría catro proxectos nos Orzamentos, por un importe máximo de 2 millóns de euros. E que tres concelleiros ou concelleiras socialistas colaborarían no seu desenvolvemento da man do goberno municipal. Estaban claros os límites económicos e o reparto de responsabilidades. Só quedaban puntos concretos por determinar.

Hoxe o PSOE amenceu rachando os pactos do día anterior. Nunha comparecencia pública, mentiron e non respectaron nin o acordado nin as liñas do que quedaba por pechar. Falaron de máis de 14 millóns de euros, e de catro concelleiras con responsabilidade. Nada que ver co falado o día anterior.

O grupo de goberno seguirá traballando a prol da cidade. Pero xa non é posible agardar moito máis polos problemas internos do PSOE.

O alcalde convoca unha cuestión de confianza para aprobar os Orzamentos