O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, foi un dos asinantes do manifesto Non no noso nome, contra a guerra, o terrorismo e a islamofobia. Tamén o respaldan Ada Colau, José María González ‘Kichi’, Pedro Santisteve, El Gran Wyoming ou Juan Diego Botto, entre outros
Os brutais atentados perpetrados en París o pasado 13 de novembro buscaban instaurar un clima e un réxime de terror entre a poboación, levantando valos de sospeita e odio entre veciños, crebando a vida en comunidade e instaurando a política do medo no noso día a día. Se a resposta á barbarie pasa por suspender dereitos, recortar liberdades e pechármonos na casa, a vitoria do terrorismo será total. Se á dor polas vítimas inocentes se responde provocando máis dor a outras tamén inocentes, a espiral será imparable. Se buscamos culpables entre os nosos veciños e veciñas polo simple feito de vestir ou pensar diferente, se criminalizamos a quen foxen precisamente dese mesmo horror, estaremos contribuíndo a apontoar os mesmos valos que o fanatismo quere crear. Non podemos permitilo.
O fanatismo terrorista do Daesh (ISIS) é funcional e retroalimenta ao fanatismo racista europeo, mentres os nosos gobernos practican recortes de dereitos sociais e liberdades fundamentais, xenofobia institucional e bombardeos indiscriminados, que se demostraron ineficaces. Negámonos a participar no falso mercadeo entre dereitos e seguridade. Aquí, en París, en Iraq ou en Siria, son os pobos os que poñen as mortes mentres uns e outros trafican con influencias, armas e intereses xeoestratéxicos. O odio fanático duns non pode esgrimirse como xustificación para novos odios. Negámonos a ser reféns do odio, o terror e a intolerancia, iso sería claudicar ante o terrorismo.
As e os abaixo asinantes cremos que a democracia, os Dereitos Humanos e a aspiración a unha paz con xustiza non son un camiño nin unha moeda de cambio para nada, senón que constitúen en si mesmos o camiño e o horizonte, ademais da mellor resposta contra quen queren acabar con eles. Por iso opoñémonos drasticamente a calquera resposta ao odio que implique máis odio, máis intolerancia, máis mortes de inocentes e menos dereitos e liberdades.
Desde o convencemento de que nestes momentos a cidadanía non só non pode agocharse, senón que debe ser protagonista e liderar a resposta contra o terror, convocámonos o sábado 28 de novembro ás 12:00 na Porta do Sol de Madrid para mostrar a nosa repulsa aos ataques terroristas de París e Líbano, a nosa repulsa aos bombardeos contra a poboación civil siria, a nosa repulsa a recortes democráticos como ineficaces garantías de seguridade e a nosa repulsa á política exterior belicista iniciada polo Trío dos Azores (Bush-Blair-Aznar). Invitamos ao resto de concellos a sumarse a esta iniciativa impulsando convocatorias cidadás similares.
Contra o terrorismo, contra a islamofobia e contra as súas guerras.
Nin os recortes de liberdades nin os bombardeos van traernos a seguridade e a paz.
NON no noso nome.
(Podes asinar o manifesto en http://www.noasusguerras.es/)
Asinantes
Ada Colau – Alcaldesa de Barcelona
Chechu Monzón “Wyoming” – presentador de TV
Pilar Bardem – Actriz
Alberto San Juan – Actor
Yayo Herrero – Activista Ecoloxista
Juan Diego Botto – Actor
Pepe Viyuela – Actor
Sukeina Aali-Taleb – Xornalista e escritora saharaui
Xulio Ferreiro – Alcalde da Coruña
Belen Gopegui – Escritora
Pilar Manjón – Presidenta da Asociación 11-M Afectados del Terrorismo
Antonio Segura – Abogado da Asociación 11-M Afectados del Terrorismo
Carlos Bardem – Actor
Aitana Sánchez Gijón – Actriz
Jose María Gonzalez “Kichi” – Alcalde de Cádiz
Emma Suárez – Actriz
Enrique Villalobos – Presidente FRAVM (Federación Regional de Asociaciones de Vecinos de Madrid)
Pedro Santiesteve – Alcalde de Zaragoza
Andrés Lima – Director de teatro
Antonio de la Torre – Actor e xornalista
Amparo Climent – Actriz
Pedro del Cura – Alcalde de Rivas
Marta Sanz – Escritora
Gerardo Pisarello – Xurista e activista dos dereitos humanos
Isaac Rosa – Escritor
Saliha ahouari al-lal – Traballadora social
Montxo Armendáriz – Cineasta
Daniel Bernabé – Escritor
Eduardo Jover – Actor
Rosana Torres Reinés – Xornalista
Bahia Mahmud Awah – Escritor saharaui
Liman Boicha – Escritor saharaui
Ali Salem Iselmu – Activista saharaui
Mohamed Salem Abdelfatah – Activista saharaui
Berta Ojea López – Actriz
Mohamed Said Alilech – Presidente da asociación de mozos musulmáns de España
Esther García – Productora excutiva de El deseo
María Luz Olier Arenas – Actriz
Mohamed Merabet – Activista
Pablo Telatko – Traballador ONCE
Puy Oria – Productora
Javier Ceballo – Médico
Miguel Ángel Alcántara – Productor de teatro
Carlos Olalla – Actor
Aquilina Blanco Huertas – Enfermera
Jorge Montes Salguero – Historiador do Dereito UNED
Marta Simón Alonso – Xornalista
Alejandro Pannocchia Alonso – Operador do Teatro Real
Mª Pilar Cuesta – Actriz
José Manuel Seda – Actor
José María Alfaya – Cantautor
Daniel Martorell – Actor, Cantante, Músico
José Sarrión – Profesor
Javi Couso – Activista Anti Guerra
Justa Montero – Activista feminista
Pablo Moreno – Grimey
Rafael Anguis – Grimey
Orlis Pineda – Cantautor
Eduardo Velasco Querino – Actor
Raquel Varela Conde – Actriz
Luciano Federico – Actor
Alfonso Noval Sánchez – Actor
Shangay Lily –Artivista, feminista, escritor
Marisa Tejada – Directora de La Fábrica
Ángeles Ramírez – Profesora da UAM
Roberto Montoya – Escritor e xornalista
Cristina Maristany – Escritora
Manolo Garí – Activista ecoloxista-pacifista
María Eugenia Rodríguez Palop – Profesora de Filosofía do Dereito na Universidade Carlos III
Javier Laso – Corresponsal RTVE
Pedro Ibarra – Catedrático xubilado de Ciencia Política UPV-EHU
Natividad Corral – Psicoanalista
Juan Domingo Sánchez Estop – Escritor e filósofo
Iago Martínez – Editor de Luzes
Colectivos
Os comentarios están pechados.