Saltar ao contido

Os Orzamentos 2017 para a Coruña foron aprobados hoxe de xeito automático, e supoñen “un punto de partida para pisar o acelerador na construción da Coruña que queremos e nas relacións coa oposición”

A oposición fixo que a cidade perdera un mes, ao votar NON na cuestión de confianza do 4 de febreiro. Agora, cómpre traballar duro para recuperar o tempo perdido

 

Confirmado: “Nestes momentos, non hai unha alternativa real ao goberno da Marea Atlántica. O pasado 4 de febreiro, ao votar non na cuestión de confianza, socialistas e populares pediron tempo para formar un Goberno alternativo, pero na realidade, o único para o que serviu este mes foi para atrasar a entrada en vigor dos orzamentos, polo que fraco favor se lle fixo á cidade”.

Así falou hoxe Xulio Ferreiro, alcalde da Coruña, que hoxe asina o decreto de aprobación inicial dos Orzamentos 2017 do Concello da Coruña que definiu como “uns orzamentos que por primeira vez son propios”. Lembrou que o ano pasado o pasado ano, as contas municipais “non só foron aprobadas tarde, senón cun cambiazo no noso proxecto debido ás emendas cruzadas que pactaron o PP e o PSOE”.

 

Confiamos na Marea

Estas contas teñen un importe total de 245,04 millóns de euros, case 600.000 euros máis que o ano pasado, e entran agora na súa fase expositiva. Serán aprobadas definitivamente en abril, dous meses antes que en 2016. Daquela o bloqueo do PP e o PSOE atrasou as contas ata xuño, e aínda así foi posible executar o 78%. Agora, toca traballar para recuperar o tempo perdido, e sentar as bases dun modelo de cidade e un novo entendemento coa oposición.

Neste sentido, Xulio Ferreiro agradeceu a xente do comun polo apoio recibido este mes, tanto no pleno da cuestión de confianza como na campaña que levou o debate político aos barrios. E tivo tamén palabras de agradecemento para Avia Veira e o BNG, pola súa postura de responsabilidade, que puxo as necesidades da veciñanza por diante dos réditos electorais.

O calendario dos Orzamentos 2017

1442849848062_860_1000_U_ffc960689757c3231401c6b463327d1Logo da aprobación inicial dos orzamentos, comezan agora os trámites para a súa entrada en vigor definitiva. Hoxe mesmo as contas municipais serán enviadas para a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP), e en canto figuren nas súas páxinas, abrirase o período de alegacións.

Haberá entón 15 días para a presentación de alegacións, que deben ter carácter técnico, segundo establede a Lei de Facendas Locais. Xulio Ferreiro lembrou que o Tribunal Supremo aclarou os límites destas alegacións: “A lei xa non permite pedir a devolución do proxecto orzamentario, nin formular emendas á totalidade ou a parte do mesmo, nin volver a debater sobre o contido do orzamento máis alá das reclamacións concretas que puideran formularse”.

Pasada a quincena, as achegas presentadas serán debatidas na Comisión de Facenda e ratificadas finalmente polo Pleno do Concello, que será o encargado de aprobalas ou rexeitalas en ultima instancia. O proceso concluirá no mes de abril, previsiblemente.

 

Seis ideas para unha cidade ao teu lado

Con estes orzamentos non so se lles dá continuidade ás políticas iniciadas en xuño de 2015, senón que se pida o acelerador na construción da Coruña “como unha cidade de proximidade, cercana ás persoas que o necesitan, cercana á nosa comarca, cercana a si mesma”, segundo explicou o alcalde. Isto se traduce en seis apostas estratéxicas:

🏠Vivenda Digna
🌳Coidado do espazo público
🚌 Mobilidade Sostible
🙋Economía para as persoas
🌆 Impulso á Área Metropolitana
🌊 Dereito a unha vida digna e xustiza social

Algúns dos proxectos máis destacados xa se comentaron no primeiro número da Agulla de Marear. Se queres, podes repasalos con calma.

 

Tempo de entendemento

16463194_1322009204523740_6071059229975358278_oAgora, coas contas aprobadas e o bloqueo roto, “ábrese un tempo novo na relación co resto dos grupos da Corporación”, segundo afirmou o alcalde. Xulio Ferreiro explicou que “temos por diante grandes retos que necesitan de grandes acordos, de grandes pactos de cidade”.

Por exemplo, os tres que se puxeron sobre a mesa durante as negociacións co PSOE: o cambio no modelo de mobilidade, a construción da área metropolitana e o rescate do borde litoral.  “Grandes batallas que van definir o futuro da Coruña e nas que confío en que nos atopemos. Por nós non vai quedar. Non ten sentido manter unha relación de hostilidade con aqueles grupos que poden conformar unha maioría no Pleno”, concluíu Ferreiro.

Xulio Ferreiro: “Non hai alternativa real ao goberno da Marea Atlántica”