Saltar ao contido

O Concello da Coruña informou de que “O IMCE vén de iniciar o expediente de finalización de contrato e suspensión da Feira Taurina”

 

A Marea Atlántica cumpre os seus compromisos. O Concello da Coruña vén de anunciar que comezaron as xestións para rescindir o contrato da feira taurina. Non haberá maltrato animal no Coliseum, nin se empregará o diñeiro público para financialo, tal e como se prometera no programa e nas 25 medidas urxentes da Marea.

Nos vindeiros días negociarase a rescisión do acordo coa empresa concesionaria, que o anterior goberno se apresurou en deixar pechado antes das eleccións. Será necesario asumir unha indemnización, pero o seu custo sempre será menor para o Concello que asumir todas as obrigas fixadas no contrato.

O alcalde, Xulio Ferreiro, lembrou que con esta decisión non se prohíben as touradas na cidade da Coruña, pois iso estaría máis alá das competencias do concello. Porén, remata o apoio municipal a un evento baseado en facer sufrir a un ser vivo. Non se cederá un recinto para celebralo, nin se empregaran recursos de todos os veciños para facilitar o seu desenvolvemento.

Nin espazos, nin cartos públicos para as touradas